Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Proxectos Radio en Igualdade

Radio en Igualdade

Desde Igualdade promoveuse o proxecto "Radio en Igualdade" que consiste na gravación de podcast cos obxectivos de eliminar estereotipos e roles de xénero, visibilizar referentes femininos e abordar cuestións como; fenda de xénero, a muller no mundo rural, as enfermidades de transmisión sexual, movementos feministas, ecofeminismo e refuxiadas do clima, a sexualidade nas persoas maiores, tiktokers, influencer e creadoras de contidos dixitais.

Esta iniciativa consta de catro experiencias radiofónicas desarrolladas por persoal interno do Centro Penitenciario de Teixeiro (Curtis), usuarios e usuarias de ASPACE Coruña (Sada), alumnado do CEIP San Marcos (Abegondo) e socias/os da Asociación Maristela (Sobrado) na que mais de 60 persoas participantes tiveron a oportunidade de tratar distintas temáticas e abordar a 10 protagonistas expertas nelas para construír un contido a prol da igualdade.

Foi unha oportunidade de traballo colaborado de reflexión, debate, creador de contidos e con capacidade de impacto social, xa que a edición dos podcast permite espallar a intelixencia colectiva xerada no proceso.

Esta actividade enmarcarse no Plan de acción das políticas de igualdade de xénero da Deputación da Coruña 2019-2023 de xeito interseccional e transversal, traballando moitas das áreas estratéxicas, especialmente a 3, 4 e 5, adicadas ao cambio de valores para o fomento dunha sociedade igualitaria, a igualdade no mercado laboral traballando sobre a segregación ocupacional, e a promoción do poder colectivo das mulleres, especialmente incidindo nas mulleres no mundo rural.

Xenérico.jpg

  • Podcast das experiencias radiofónicas

Episodio #1 As enfermidades de transmisión sexual con Hermelinda Estévez en Frecuencia 10.1

A redacción de Frecuencia 10.1, o podcast do C.P. de Teixeiro trata neste primeiro episodio as enfermidades de transmisión sexual cunha experta, a matroa Hermelinda Estévez. Unha conversa para romper tabús, entender o papel que xoga o seu traballo ou coñecer cuestións que afectan ás relacións sexuais con perspectiva de xénero. #OndasentreNós


Podes escoitalo aquí

Episodio #2 O feminismo e os cárceres con Marilar Aleixandre en Frecuencia 10.1

A investigadora, profesora, escritora e recente Premio Nacional de Narrativa, Marilar Aleixandre é a segunda convidada de Frecuencia 10.1, A autora da novela 'As malas mulleres'-ambientada na antiga prisión da Galera da Coruña-, visita o podcast feito desde o C.P. de Teixeiro para falar de feminismo, literatura e de tódolos desafíos que aínda quedan por atinxir polo feminismo para lograr unha sociedade igualitaria. #OndasentreNós

Podes escoitalo aquí

Episodio: #3 Que é o feminismo en Frecuencia 10.1

A redacción do podcast feito desde o C.P. Teixeiro pecha esta experiencia sonora facendo un repaso sobre que é o feminismo a través da voz da profesora da UDC, Rosa Cobo, analizando titulares de distintos xornais, campañas de publicidade e cancións e sintetizando nun rap orixinal o que supuxo traspasar os balados da prisión e abrir unha fiestra pola que as #OndasentreNós falaron de igualdade.

Podes escoitalo aquí

Episodio #4 A violencia nos entornos dixitais con Beatriz Calavia e Santiago Rey en Onda Día

Cal son os riscos dos entornos dixitais? E para unha persoa con diversidade funcional? Beatriz Calavia, experta en violencia dixital e avogada e Santiago Rey, policía e presidente da Asociación AtlanTICs Divulgador de #UsoSeguroTIC veñen a Onda Día para falar deste e outros temas desde ASPACE Coruña. Un espazo para coñecer os riscos, previr e informarse sobre cuestións de actualidade como o deep fake ou a necesidade de lexislar na rede perante acosos, abusos e distintos tipos de violencia dixital.

Podes escoitalo aqui

 

Episodio #5 Tiktokers, influencers e creadoras de contidos dixitais. Onda Dia desde Sada

A redacción de Onda Dia colle furgoneta, micros e moitas ganas e leva o seu programa á Casa da Cultura Pintor Llorens de Sada para falar do mundo das influencers, tiktokers e creadoras de contidos dixitais. Alén da numerosa redacción, temos tres convidadas de luxo: a xornalista Claudia Morán, a gandeira e influencer Lucia Casal e creadora de contido Artemisa Martínez-Realidades Diversas. Unha experiencia única na que compartir as súas inquedanzas diante do público asistente e tecer rede para que a diversidade siga gañando espazos e teña voz para abordar tódalas problemáticas que ainda se precisan resolver.

Podes escoitalo aquí

Episodio:#6A fenda de xénero nos FP técnicos con Carmen Cagiao

A redacción de Ondas en Feminino quere saber porque o número de mulleres en Mecánica, Albanelería ou Carpintaria segue a ser inferior que a dos homes. Que ocorre? Que se pode facer desde a escola? Para iso, recibimos no CEIP San Marcos de Abegondo a Carmen Cagiao, unha alumna de mecánica que sempre tivo claro que nada nin ninguén lle alonxaría do seu soño: traballar nun taller.

Podes escoitalo aquí

Episodio:#7O feminismo no rural, con Miriam Couceiro

A redacción de Ondas en Feminino continúa o seu camiño de ondas e feminismo atopando nel a investigadora e escritora Miriam Couceiro. Todo comeza cunha situación que unha das alumnas do CEIP San Marcos sofre: quere xogar ao fútbol, pero non a deixan. Que debemos facer para que este tipo de situacións non aconteza no colexio e, en xeral, na vida?

Podes escoitalo aquí

Episodio:#8As valentes de Crendes, con Manolita Gómez

Malia tódalas resistencias e atrancos, o fútbol feminino non deixou de medrar nos últimos anos. Se podemos marcar unha data en Galicia para entender a magnitude do logrado, viaxariamos a 1963. En Crendes, parroquía do municipio de Abegondo un grupo de mulleres desafiou ao seu tempo. Co 9 as costas, Manolita Gómez era a dianteira dese equipo. Uns cantos anos despois, visita os micrófonos de Ondas en Feminino para falar daquela experiencia e de todo o que queda por conseguir.

Podes escoitalo aquí 

Título episodio: #9 Ecofeminismo, con Begoña de Bernardo e Nery Díaz en Onda Maristela

Que é o ecofeminismo? Por que é necesario? Que podemos facer desde o rural para contribuir con este movimento transformador? O primeiro episodio de Onda Maristela está cheo de preguntas dirixidas á enxeñeira agrónoma e propietaria de Casa Pousadoira, Begoña de Bernardo e á integrante de Ecoloxistas en Acción Atlántica, Nery Díaz. Desde Sobrado, empoderamento ecofeminista.

Podes escoitalo aquí

Título episodio: #10 Refuxiadas climáticas, con Hortensia Rossi en Onda Maristela

En tempos convulsos, precisamos coñecer todo que pasa ao noso arredor. E mais se a realidade chega a nós como foi o caso de Zohra Koi. Zohra é afgana e tivo que marchar do seu país pola chegada do rexime talibán. Porén, hai outro tipo de migracións, como as debidas ao clima que, pese a non ser tan falado, comeza a ser unha das principais causas dos movimentos migratorios. Para falar deste tema, Onda Maristela convida a Hortensia Rossi, migrante e membro de Ecos do Sur e Acampa que tratan de ofrecer unha chegada digna a tódalas persoas que teñen que deixar todo atrás para procurar un futuro mellor para a súa xente.

Podes escoitalo aquí