Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Proxectos Presente pasado e futuro do fútbol feminino

Presente pasado e futuro do fútbol feminino

O Pastoriza SCD, desde os anos 90 organiza campionatos de fútbol feminino (o primeiro en 1994,torneo de Fútbol 7) . No 2000 crearonse equipos femininos. En 2008 creouse un equipo federado senior que segue a estar en activo. En 2018 créase un equipo de fútbol que participa na I liga galega da FGF con dous equipos, no verán de 2018 organizan o I Campus de fútbol feminino e en 2019 comezan a facer intercambios con equipos femininos de fóra do estado español. No 2022 houbo no campo do Pastoriza o campionato de España sub 14 e 16 de fútbol feminino e neste 2023 voltarán os intercambios con equipos de Europa, neste caso coa visita a Dinamarca e a visita a Pastoriza tamén dun equipo dese país.

Na actualidade o Pastoriza supera as 100 fichas femininas e ten catro equipos participando en diversas competicións mais as mudanzas que se veñen desenvolvendo na sociedade van moito máis aló , no clube incoporaron actividades de sensibilización e de coeducación tanto parar xogadoras e xogadores, como o persoal que entrena e para familia , mudanzas en vestiarios, intercambios con outros clubes en que tamén hai fichas femininas, organización de eventos etc.

Por todo isto, desde a Deputación da Coruña estase organizando un ciclo de 5 charlas dirixidas a xente nova nos centros educativos  no que participarán persoal e xogadoras do clube, para amosar a realidade das deportistas galegas no futbol, reivindicar a proxección deportiva e apoiar os deportes minoritarios e de base, axudar a crear iconas femininas que sexan referentes para o fomento da práctica deportiva entre as mulleres en igualdade de oportunidades, rachando estereotipos de xénero.

Cartel inicial.jpg

Obxectivo

O obxectivo destes obradoiros impartidos por Pablo Mariño, adestrador UEFA B da SCD Pastoriza fútbol base feminino; Pablo Pérez Vázquez, coordinador e promotor desta iniciativa; Cristina Oreiro, adestradora interría feminino 2º división RFEF ex xogadora do Pastoriza; Uxía Vázquez García, xogadora do SCD Pastoriza e por Carmen Rodríguez, ex xogadora dos anos 60 do SCD Pastoriza Femenino, é analizar a historia recente do fútbol feminino, a situación actual e a importancia do fútbol como medio de formación integral das nenas.

Serán obradoiros nos que a rapazada poderá interactuar coas persoas participantes, preguntar e visualizar imaxes, así como poder saber como foi a evolución até a situación actual, mais tamén coñecer todos os atrancos que a día de hoxe se poden atopar no fútbol feminino e no deporte feminino en xeral.

Programa 

- 20 de marzo de 2024 ás 10:15 horas CEIP de Arteixo

- 20 de marzo de 2024 ás 12:40 para o alumnado de 1º da ESO do IES Manuel Murguía

- 29 de abril de 2024 ás 10:00 para alumnado de 6º de Primaria do CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo) no Auditorio do Centro Cívico Cultural M.Murguía de Arteixo.