Persoas maiores
Durante os anos 2021 e 2022 a Deputación Provincial da Coruña botou a andar un proxecto piloto en materia de soidade non desexada nos concellos de Muros, Vimianzo e Ortigueira.
Esta era unha das liñas de acción contempladas no Plan de acción de servizos sociais 2020-2025.
Para isto estudiouse a realidade municipal a nivel demográfico, económico e social, coa finalidade de propoñer un protocolo de atención no que estivesen implicados todos os axentes claves do territorio (persoal sanitario, negocios, centros de saúde, parrroquias, centros de lecer, etc). Deste xeito poderiase derivar a servizos sociais á persoa usuaria, facer unha valoración e propoñer unha serie de medidas de mellora respecto desta situación.
Así mesmo propoñíase mellorar os servizos municipais dirixidos á mellora da participación social das persoas maiores que se atopen en situacións de soidade non desexada.
A acollida destes plans locais foi moi positiva en todos os concellos participantes que contan con redes de axentes por todas as parroquias do territorio.
Como proposta de mellora deste proxecto piloto, solicitouse por parte dos concellos un reforzo no apoio psicolóxico a ditas persoas usuarias, como forma de mellora da súa calidade de vida.
Actualmente estamos a implementar este servizo de atención psicolóxica nos tres municipios ata novembro de 2023 e polo de agora estamos obtendo un resultados moi satisfactorios.
Nas seguintes ligazóns pódense consultar os Plans locais de loita contra a soidade non desexada así como unha guía e protocolo para a súa elaboración, de forma que esta iniciativa se poida adaptar a outras realidades municipais como boa práctica en materia de servizos sociais.
PLAN DE SOIDADE DO CONCELLO DE MUROS
PLAN DE SOIDADE DO CONCELLO DE VIMIANZO
PLAN DE SOIDADE DO CONCELLO DE ORTIGUEIRA
GUÍA PARA A ELABORACIÓN DE PLANS LOCAIS DE LOITA CONTRA A SOIDADE NON DESEXADA
A Deputación Provincial da Coruña vén prestando o Servizo de Teleasistencia desde o ano 1999. En principio en colaboración co IMSERSO e a FEMP mediante un convenio tripartito. Desde o ano 2013 a xestión e financiamento do Programa están a cargo desta deputación en exclusiva, contratándose a prestación do servizo a unha empresa especializada nisto.
A solicitude realízana os servizos sociais do concello de residencia da persoa. As persoas solicitantes deben contactar cos servizos sociais comunitarios do seu concello de residencia onde han de valorar a súa situación e orientar cos documentos para a solicitude.
LIÑAS DE ACTUACIÓN
Nas convocatorias de subvencións para entidades sen ánimo de lucro fináncianse as seguintes liñas de actuación:
SERVIZOS SOCIAIS NA ÁREA DE PERSOAS MAIORES
Códigos:
- EP-1 Residencias
- EP-2 Centros de atención diúrna e/ou nocturna
- EP-3 Centros mixtos
- EP-4 Vivendas comunitarias
- EP-5 Apartamentos tutelados
CONCESIÓNS
Pode consultar as concesións de subvencións do programa F.O.A.X.E. (mantemento de servizos sociais) dos últimos anos nas seguintes ligazóns:
Pode consultar as concesións de subvencións do programa F.O.I.E. (investimento de servizos sociais) dos últimos anos nas seguintes ligazóns:
SOIDADE_PLAN CONCELLO ORTIGUEIRA.pdfSOIDADE_PLAN_GUÍA ELABORACIÓN PLANS LOCAIS.pdfA Deputación da Coruña aboa estadías en residencias para persoas maiores da Provincia. O aboo destas estadias podían realizarse de duas formas, a petición da persoa interesada ou por petición da xerencia do Sanatorio Psisiquiátrico de Conxo, para solicitarla bastaba cunha instancia cumprimentada pala persoa interesada ou da Alcaldía do municipio de residencia que acreditase o empadroamento. Actualmente séguese financiando estadías ainda que non se dan altas novas, é un programa en extinción derivado das anteriores competencias da Deputación.
Na actualidade a competencia para a atención destas estadías recae na Comunidade Autónoma de Galicia, na Xunta de Galicia.
Relación de Centros
- Asilo Ancianos da Coruña
- Residencia de ancianos/as "Garcia Hermanos" Betanzos
- Residencia " Nuestra señora de las virtudes" Pontedeume
- Residencia "San José" Narón
- Residencia " San Marcos" Santiago de Compostela
- Residencia de ancianos/as " Dolores Diaz de Davila" Ortigueira
- Asilo ancianos/as Monforte Lugo
- Centro Caritas Parroquial da Coruña
CESIÓN DAS INSTALACIÓNS DO CENTRO XERONTOLÓXICO "A MILAGROSA"
A Deputación da Coruña, en liña coas políticas deseñadas no Plan xerontolóxico nacional, en concreto a de fomentar a creación de servizos sociais para persoas maiores enfermas e dependentes, e tendo en conta as características demográficas da provincia (elevado índice de envellecemento co conseguinte requirimento de servizos socio-sanitarios adecuados) acordou en 1998, mediante concurso público e prego de condicións, facer cesión do uso de parte das instalacións do antigo Colexio-fogar "A Milagrosa" (Servizo social de atención a menores precisados de tutela e protección, en consonancia coas vellas competencias provinciais que determinaba a anterior lexislación ).
Ao pasar a competencia sobre menores á Xunta de Galicia, o centro foi amortizando prazas ata a súa total extinción, polo que resultaba adecuado encontrar un novo destino ao edificio, no campo dos servizos sociais que actualmente suscitan maior demanda, como son os solicitados polo sector de maiores dependentes, servizos actualmente en auxe e crecemento, á vez que resultan creadores de emprego xa que precisan para o seu funcionamento de diversos profesionais cualificados.
Resolto o concurso, e adxudicada a cesión de uso das instalacións provinciais á Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados (UDP) da Coruña, asinouse o 17 de xuño de 1999, un convenio entre a Deputación e a citada asociación para establecer as condicións da cesión e as implicacións de cada parte.
A Deputación comprometíase non só á cesión temporal de uso das instalacións, situadas nunha parcela de 800 metros cadrados, senón tamén a entregalas coas reformas e adaptacións pertinentes e necesarias para adecualas ao fin a que se destinaban. A remodelación do edificio cedido, que consta de baixo e dúas plantas, importou para a Deputación un investimento de preto de 88.000.000 de pesetas.
Para a posta en marcha do Centro a Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados da Coruña (UDP) contou con valiosas colaboracións dos seguintes organismos e entidades, público e privadas, como eficaz mostra de participado social :
- Xunta de Galicia .
- Universidade da Coruña.
- CESGA.
- Deputación Provincial da Coruña
- Fundación Pedro Barrié de la Maza.
- Obra Social de Caixa Galicia
Para máis información dirixirse a: