Estás en:Servizos Sociais Igualdade de xénero Compartimos Plan

Compartimos Plan

 

A Deputación da Coruña, na súa labor de traballar en favor da igualdade entre mulleres e homes e na loita contra a violencia de xénero, puxo en marcha no ano 2017 o proxecto COMPARTIMOS PLAN, consistente na realización dunha diagnose e un plan de acción das políticas de igualdade de xénero a nivel provincial. Trátase dun proxecto estratéxico cun marcado carácter participativo, co que se pretende chegar e implicar, ademais da administración provincial, aos 93 Concellos da provincia da Coruña, ás entidades e asociacións sensibilizadas neste senso, e á cidadanía en xeral.  

Compartimos Plan pretende integrar a perspectiva de xénero nas políticas públicas provincial e municipais, favorecendo que a igualdade de xénero se instaure como unha cuestión transversal nas mesmas e, en consecuencia, teña un maior impacto na poboación. Tamén concibe como obxectivos, entre outros, a detección de necesidades a diferentes niveis para a consecución da igualdade real, o rexistro de servizos, recursos e programas vixentes nesta materia, a creación de dinámicas que potencien o traballo en rede de diferentes axentes chave, e a definición de áreas de actuación para a implementación de futuras políticas de igualdade.

Compartimos Plan consta de 4 fases diferenciadas, máis unha 0 de preparación. Así, a fase 1 ten un carácter informativo e de difusión do proxecto, a fase 2 é de diagnose, a fase 3 dedícase á elaboración do plan de acción, e a 4º e última fase resérvase para a difusión do Plan Provincial para a Igualdade de Mulleres e Homes.

A duración dos traballos de Compartimos Plan é de 18 meses, período durante o cal se utilizarán diferentes estratexias de comunicación; dípticos, carteis, perfís nas principais redes sociais (Facebook, Twiter e Instagram) e unha web propia www.compartimosplan.com, ferramenta esta última na que poder consultar todas as novas, eventos, etc. e os resultados máis destacables dos traballos de Compartimos Plan en cada unha das fases do proxecto.

No mes de maio de 2019 termínase o proxecto podendo consultar na páxina www.compartimosplan.com os seguintes resultados: 

  1. Diagnose. Dividida en 9 grandes capítulos.
  2. Informes comarcais das politicas de igualdade
  3. Guía de Boas prácticas.
  4. Guía de Recursos
  5. Plan de acción das Políticas Públicas de Igualdade da Deputación de A Coruña

O Plan de acción foi levado a Pleno o pasado 25 de Outubro de 2019..

Dipticos de resultados para descargar: