Premio "Concepción Arenal" a proxectos educativos pola igualdade de xénero
Coa finalidade de promover políticas de igualdade e prevención da violencia de xénero na poboación infantil e adolescente e co obxecto de premiar o compromiso e implicación dos centros educativos públicos da provincia que presenten un proxecto educativo que promova a igualdade entre homes e mulleres, levando a cabo medidas para a erradicación da violencia e encamiñadas á consecución da igualdade real, a Deputación da Coruña convoca o X Premio "Concepción Arenal" a proxectos educativos pola igualdade de xénero, de acordo coas seguintes:
O prazo de presentación de solicitudes: sen determinar
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto da convocatoria no BOP da Coruña, e rematará ás 14:00 horas do día 31 de outubro de 2024.
Historial de centros educativos gañadores
CONVOCATORIA | MODALIDADE | CENTRO | PROXECTO PREMIADO |
2023: X PREMIO | A: Educación infantil | Escuela Unitaria graduada de Vilariño-Jobre (A Pobra do Caramiñal) | Aprendendo desde o corazón |
B: Educación primaria | CEIP de Barouta | Educar na igualdade para a igualdade | |
C. Educación secundaria | Instituto de educación secundaria e profesional de Curtis. | Oes, e ti que oes? | |
2022: IX PREMIO | A: Educación infantil | Colexio de Educación Infantil e Primaria de Outes | Tecendo igualdade |
B: Educación primaria | Colexio de Educación Infantil e Primaria CEIP María Pita | Mulleres que abren camiño nas artes | |
C. Educación secundaria | Instituto de Bachillerato Rosalía de Castro de Santiago CGA | Mulleres de Compostela: tras os pasos das nosas pioneiras | |
2021: VIII PREMIO | A: Educación infantil | Deserto | |
B: Educación primaria | CEIP Plurilingüe da Rabadeira do Concello de Oleiros | Xogando en Igualdade | |
C: Educación secundaria | IES Punta Candieira do Concello de Cedeira | O Faro da Igualdade | |
2020: VII PREMIO | A: Educación infantil | CEIP Xesús San Luis Romero, do Concello de Carballo | Baixo a mesma carpa de Crochet |
B: Educación primaria | CEIP Pedro Barrié de la Maza, do Concello de Sada. | Buganvílea | |
C: Educación secundaria | Deserto | ||
2019: VI PREMIO | A: Educación infantil | Escola Infantil Municipal de Monte Alto do Concello da Coruña | As maletas viaxeiras para a igualdade de xénero |
B: Educación primaria | CEIP Sanjurjo de Carricarte do Concello da Coruña | Máis que unha liga de mulleres: Nós contamos, vós pintades, elas suman | |
C: Educación secundaria | IES Universidade Laboral, do Concello de Culleredo | Camiñando cara a igualdade: xuntos debuxaremos portas violetas | |
2018: V PREMIO | A: Educación infantil | C.P.I. Castro Baxoi, do Concello de Miño | Explorando a igualdade: TINOGONA! |
B: Educación primaria | C.E.I.P. Xesús San Luís Romero, do Concello de Carballo | Revelando igualdade | |
C: Educación secundaria | I.E.S. David Buján, do Concello de Cambre | Abrindo portas violetas | |
2017: IV PREMIO | A: Educación infantil | C.E.I.P. María Pita, do Concello da Coruña | Tripulando a igualdade |
B: Educación primaria | C.P.I. Atios Valdoviño, do Concello de Valdoviño | Proxecto DNI: Diferentes na igualdade | |
C: Educación secundaria | I.E.S. Otero Pedrayo, do Concello da Coruña | Mais pola igualdade | |
2016: III PREMIO | A: Educación infantil | C.R.A. Culleredo, do Concello de Culleredo | Son eu! |
B: Educación primaria | C.E.I.P. Canosa Rus, do Concello de Coristanco | Cambiando a perspectiva no rural | |
C: Educación secundaria | I.E.S. Plurilingüe Fontexería do Concello de Muros | Nos tamén navegar | |
2015: II PREMIO | A: Educación infantil | CEIP Canosa – Rus, do Concello de Coristanco | Sementando a igualdade no rural |
B: Educación primaria | CEIP San Xoán de Filgueira, do Concello de Ferrol | Todas e todos contamos | |
C: Educación secundaria | IES Fraga do Eume, do Concello de Pontedeume | Proxecto Amazonas. Observatorio de xénero. Laboratorio de igualdade”. | |
2014: I PREMIO | No 2014 convócase o Premio “CONCEPCIÓN ARENAL” para temas de acción social. |
ENTIDADE | MÉRITOS |
Asociación Íntegro para a Diversidade Funcional | Como recoñecemento á traxectoria xeral da entidade, que leva traballando dende o ano 1992 na comarca de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra en prol dos dereitos das persoas con diversidade funcional, incidindo no acceso ós recursos por parte das persoas do ámbito rural. |
Cociña económica de Ferrol | Polo seu traballo dende o ano 1891 atendendo á cobertura das necesidades básicas das persoas en risco de exclusión social (alimentación, vestido, etc.) da comarca de Ferrolterra. |
Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña | Polo traballo de prevención e intervención integral en trastornos alimentarios. |