28M día da saúde das mulleres
Adicamos este ano esta conmemoración a analizar o efecto multiplicador da Covid e os retos na vidas das mulleres, para o que deseñamos esta campaña onde resaltamos 9 realidades e 9 retos sobre a materia. Podese compartir nas redes sociais ou empregarse para calquera actividade de concienciación na que afondar en como a saúde psíquica, psicolóxica e social das mulleres sufriu un importante desgaste por mor da pandemia, incidindo nas realidades desiguais ante a sustentabilidade das vidas.