Campaña de Nadal. A única química posible
Nunha época coma o Nadal é importante concienciar e informar a cidadanía sobre o dereito a poder gozar dunhas festas libres de submisión química e de todo tipo de violencias, onde a igualdade, o consentimento e o desexo mutuo sexan a base de toda relación.
Para iso reivindicamos a única química posible nas relacións: a que está baseada na igualdade, o consentimento e a atracción mutua, e, en definitiva, no desexo entre as partes implicadas.
A submisión química é a administración ou inxestión de alcol e/ou outras drogas que algunhas persoas empregan con fins delitivos.
Abusar dunha persoa que está baixo os efectos da submisión química é un delito, mirar e non impedilo tamén o é.
A submisión química pode darse de dúas formas:
- Oportunista: cando a persoa consome de forma voluntaria alcohol e/ou drogas.
- Premeditada: cando se lle administra á vítima unha sustancia para anular a súa vontade.
Nunha época coma o Nadal, chea de festas e saídas nocturnas, é máis importante que nunca fomentar as relacións en igualdade e ocupar os espazos de lecer desde unha óptica de seguridade e diversión para todas as persoas.
Únete á campaña:
- Actúa ante calquera situación que non respecte estes principios.
- Descarga aquí os materiais, compárteos na web, nas redes sociais empregando o cancelo #aunicaquimicaposible e colabora na difusión da campaña na túa contorna achegandoa ao tecido asociativo, empresarial, educativo, sanitario, etc...
Kit de descargas:
![]() | ![]() | ![]() |
Teléfonos de interese:
• Teléfono atención a todas as formas de violencia contra as mulleres: 016
- Correo electrónico: 016-online@igualdad.gob.es
- WhatsApp: 600 000 016
• Teléfono de atención á muller 24h: 900 400 273
• Emerxencias: 112
• Emerxencias sanitarias: 061
• Seguridade:
- Policía Nacional - 091
- Policía Local - 092
- Garda Civil - 062