Campaña por unhas festas en igualdade
Desde Igualdade da Deputación da Coruña continuase coa campaña para promover unhas festas en igualdade iniciada no ano 2019. Esta acción forma parte do seu Plan de Igualdade 2019-2023.
Como sabemos as festas son espazos públicos claves na socialización que están afectados polo patriarcado os roles e estereotipos de xénero e quepolo tanto amosan e desenvolven discriminacións e violencias contra as mulleres. Estes espazos constitúense como unha gran oportunidade social para sensibilizar na promoción da igualdade e no rexeitamento contra as violencias machistas, non sexas complice e ten en conta o seguinte decálogo.