Circuíto da exposición "Mulleres do medievo galego"
Resolucións de concesión:
Escola de arte superior de deseño Pablo Picasso
Confederación de empresarios de A Coruña
CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Asociación veciñal cultural deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán
Escola oficial de idiomas de Santiago de Compostela
Descrición da exposición
A exposición "Mulleres do medievo galego" para interiores consta de 21 paneis, o primeiro introdutorio e o resto son dez láminas ilustradas e os 10 respectivos textos.
As protagonistas son dez mulleres da nosa historia elixidas para as ilustracións: Dona Urraca, María Castaña, Lupe Pérez de Traba, Inés de Castro, Maior Guntroda Rodríguez, Aldonça I e Sancha II , Ilduara Eriz, Sancha I ,Tareixa de León e María Peres, A Balteira.
As ilustracións están feitas por 5 ilustradoras galegas; Iria Fafián, Laura Romero, María Montes, Minia Regos e Nuria Díaz.
Os paneis son de capatex de 5 milímetros con canto automontable de 2 milímetros pregado en todo el perímetro, gráfica impresa directa a color 1 cara mas canto perimetral, medida: 80*60 e con presentación traseira para colgar. Como referencia, dado o número e dimensión dos paneis, a exposición ocuparía 20 metros lineais.
Os paneis van arquivados en 2 caixas de polipropileno celular, con asa de transporte fácil.
A exposición foi creada por MAOS Innovación social, gañadora no certame "Fondos de proxectos culturais Reino de Galicia" da Deputación da Coruña.
A área de igualdade a través desta exposición procura dar unha maior difusión a mulleres da nosa historia que foron invisibilizadas mais tamén a mulleres artistas actuais non sempre o suficientemente coñecidas.
Esta exposición de visibilización do papel das mulleres na sociedade enmarcase como a acción no eixe 3 do Plan Provincial de Igualdade 2019-2023 adicado a consecución de cambio de valores para o fomento dunha sociedade igualitaria inclusiva e diversa. Concretamente é unha medida de actuación estratéxica para promover na sociedade un pensamento crítico sobre as desigualdades de xénero, sobre a desaparición das mulleres da esfera pública ao longo da historia, mais tamén na posta en valor do papel das mulleres artistas na sociedade actual.
Solicitude
Poderán solicitar a cesión da exposición os centros educativos públicos e entidades asociativas sen ánimo de lucro, con residencia na Provincia da Coruña.
As entidades interesadas en solicitar a exposición deberán entregar no rexistro da Deputación provincial da Coruña, Avenida Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña, ou ben a través da sede electrónica da nosa web: www.dacoruna.gal, a seguinte documentación asinada dixitalmente polo/a representante legal da entidade:
• Solicitude de cesión da exposición "Mulleres do medievo galego" (Anexo I)
• Plano da localización onde se realizará a exposición.