Conmemoración 25 N
A Deputación da Coruña, co motivo da conmemoración do 25 de novembro de 2017, adheriuse á campaña de denuncia e sensibilización social contra a violencia de xénero, En Negro Contra As Violencias, promovida por 75 concellos galegos, 3 deputacións e máis de 4.665 establecementos, que terá a súa principal actividade do 23 ao 26 de novembro.
A presentación da campaña tivo lugar no Parlamento Europeo, en Bruxelas, o día 7 de novembro de 2017, onde participaron diferentes representantes políticos das institucións adheridas.
O pasado día 15, asinouse o protocolo da campaña na cidade de Santiago de Compostela. No citado acto estivo presente a Vicepresidenta da institución provincial.
- https://ennegrocontraasviolencias.gal/novas/asinado-o-protocolo-para-en-negro-contra-as-violencias-machistas
- https://www.dicoruna.es/novas?id_evento=2308
O obxectivo da campaña é fomentar unha acción de sensibilización cidadá contra as violencias machistas, implicando o tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento da violencia de xénero.
Co obxecto de identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás da violencia de xénero editáronse materiais específicos para seren empregados pola cidadanía, establecementos comerciais e axentes sociais.
Para os centros da Deputación enviamos nesta semana mochilas, postais, pegatinas autocolante de ventás e carteis con diferentes lemas.
Tamén se editou unha unidade didáctica que traballa sobre os xogos de roles, nesta ligazón podedes atopar o manual e os materiais:
https://drive.google.com/drive/folders/1G9A5v1GNSgvu5XSizaPHZRlF5RU-scqh
No Pazo provincial instalaremos o venres 24 de novembro de 8 a 10 horas e de 13 a 15 horas unha mesa de materiais e un espazo para fotografarse co lema da campaña e participar nas redes sociais e web empregando os seguintes cancelos ou etiquetas #GaliciaEnNegro, #ContraAsViolencias, #EnNegroContraAsViolencias.
Así mesmo, ás 12 horas vaise a ler o manifesto da campaña e concentrarémonos no Pleno cun minuto de silencio.
Podedes seguir a campaña aquí:
- Web: https://ennegrocontraasviolencias.gal/
- Facebook: En negro contra as violencias - @ennegrocontraasviolencias - https://www.facebook.com/ennegrocontraasviolencias/
- Twitter: contraasviolencias - @galiciaennegro - https://twitter.com/galiciaennegro
- Instagram: ennegrocontraaviolencia - https://www.instagram.com/ennegrocontraaviolencia/