Conquista os elementos, Videoforum sobre o deporte feminino
A Deputación da Coruña comeza unha campaña divulgativa, de sensibilización e visualización do deporte feminino na provincia.
A campaña está dirixida á poboación en xeral, e especificamente ao público adolescente, asociacións, federacións e escolas deportivas municipais.
As actividades da campaña terán unha duración de 12 meses e se levarán a cabo a través da proxección de 23 vídeo forums nos concellos de:
Santiago de Compostela, Ames, Padrón, Melide, Vimianzo, Santa Comba, A Coruña, Arzúa, Riveira, Negreira, Carballo, Betanzos, Oleiros, Cambre, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Ferrol, Narón, Cee, Muros, Noia, Ordes, Ortigueira.
Esta campaña é unha continuación do proxecto que se levou a cabo dende a Deputación do documental “CONTRA OS ELEMENTOS” no que se pretende visualizar o deporte feminino, amosando a realidade das deportistas galegas e reivindicar a proxección das deportistas de élite e apoiar os deportes minoritarios e de base.
O próximo día 19 de xaneiro de 2018 ás 19 horas terá lugar o primeiro dos videoforums na cidade de Santiago de Compostela no Centro Sociocultural As Fontiñas, baixo o título"Empoderamento da muller no mundo do deporte".
Neste acto contaremos coa participación de:
- Cristina López Villar, profesora e investigadora da Universidade da Coruña.
- María Obelleiro Hermida, directora do semanario "Sermos Galiza".
- Paula Mayobre, atleta internacional. Adestradora e directora de escola deportiva.
- Adrián Dios Vicente, adestrador de baloncesto e árbitro.
Para máis información: