Documental "Maridos e Sodomitas"
O documental 'Maridos e sodomitas, os casamentos de home no reino da Galiza medieval', é o primeiro audiovisual que aborda as relacións homosexuais no reino medieval galego.
Producido pola Deputación da Coruña, realizado por Nós Televisión e con idea orixinal, documental e presentación de Carlos Callón, este documental pretende rematar con falsos mitos e contribuír ao avance do recoñecemento da diversidade sexual e do coñecemento da historia do noso pobo.
Ao longo de 36 minutos, e en formato road trip, diversas expertas na materia dan conta de fitos históricos, monumentos, cantigas, realidades que nos permiten pensar que a homofobia non existía en épocas pasadas coa mesma contundencia coa que se representa hoxe en día.
O documental completo, se estrea este xoves, 4 de xullo, a partir das 21:00 horas, pode verse na canle de youtube da Deputación da Coruña, na canle de youtube de Nós Televisión, en Movistar Plus+ e no 119 de R.