Decálogo por un verán en igualdade
Desde Igualdade da Deputación da Coruña ponse en marcha no marco do seu Plan de Igualdade 2018/2023 (www.compartimosplan.com) unha campaña para promover unhas festas en igualdade, este proxecto comezou no Nadal de 2019, continuo no Entroido 2020 e finaliza co Decálogo por un verán en igualdade.
O Verán é un tempo de diversión, descanso e desconexión. Polo que é importante fomentar a concienciación sobre a necesidade de fomentar a corresponsabilidade dando respiro as persoas que desenvolven as funcións de coidados habitualmente. Tamén é importante rachar cos estereotipos sexistas, non ser cómplice dos comentarios machistas, denunciar a violencia de xénero e a discriminación que sofren moitas persoas por mor da diversidade sexual.
É un tempo de oportunidades, para coidar conscientemente a nosa linguaxe de xeito mais inclusiva, para favorecer a conciliación da vida non só laboral, senón tamén da familiar e persoal, de educar en igualdade desde a familia, procurar novos modelos de masculinidade e de ser responsable coa situación actual que estamos vivindo, que incide especialmente nas desigualdades sociais e de xénero.
Esta acción pertence a unha das medidas da área estratéxica 3: Cambio de valores para unha sociedade igualitaria, inclusiva e diversa, do Plan de Igualdade Provincial 2019-2023, (Pleno Outubro de 2019). Preme aqui para consultar o plan.