Estás en:Servizos Sociais Igualdade de xénero Proxectos Espellos íntimos

Espellos íntimos

CartelEspellosIntimos.jpeg

Ponse en marcha "Espellos Íntimos", unha serie de obradoiros que van ter lugar en Outes, Santa Comba e Brión, onde se van empregar ferramentas artísticas e teatrais para encontrarse e visibilizar memorias e experiencias que teñen que ver coa maternidade e os coidados no rural galego. "Un xeito de crear comunidade dende o goce de contar e ser escoitadas".

Promoverase unha conversa conxunta e interxeracional sobre as maternidades e os coidados, empregando a arte e o teatro como elementos de transformación social.

"Espellos íntimos" é un proxecto cun forte compromiso coa igualdade de xénero, xa que o espectáculo que se nutrirá del, trata unha cuestión como a dos coidados, unha carga que historicamente ten sido atribuída ás mulleres. 

Datas previstas

OUTES: 28, 29 e 30 de Outubre.
Horario de 10 a 13h e o mércores 30 de 10 a 12h

SANTA COMBA: 12, 13 e 14 de Novembro.
Horario de 10 a 13h e o mércores 14 de 10 a 12h.

BRIÓN: 13 e 20 de decembro.
Horario de 16 a 20h.