Estás en:Servizos Sociais Igualdade de xénero Proxectos Capacitación dixital para a detección de violencias sexuais

Capacitación dixital para a detección de violencias sexuais

Ponse en marcha o desenvolvemento de 10 obradoiros de capacitación dixital para a detección das violencias sexuais dirixido a persoas con diversidade funcional, sensorial e cognitivo xa que detéctase que o fenómeno de dixitalización traspasa cuestións básicas requirindo da adquisición de competencias dixitais e supoñendo un importante factor de desigualdade.

A fenda dixital de xénero ou a violencia en liña contra mulleres e nenas representan outra cara da desigualdade; o doxing, o grooming, a sextorsión, etc implican violencias mais alá do ámbito virtual.

A dixitalización ofrece unha morea de posibilidades, pero tamén ameazas, especialmente cando falamos de colectivos vulnerables, como é o caso de mulleres con algún tipo de discapacidade.

Os obxectivos principais desta acción formativa son:

• Visibilización e identificación das violencias sexistas na rede, das que ás
veces non somos conscientes.
• Sensibilización e prevención, fomentando un bo uso da tecnoloxía e
promovendo actitudes de rexeitamenta a situacións de acoso e abuso.
• Apoderamento das nenas e mulleres con discapacidade
• Uso igualitario e inclusivo das TIC, cun enfoque crítico e construtivo.
• Abordaxe de contidos dixitais básicos fomentando un uso responsable e
seguro das tecnoloxías.

Obradoiros programados:

  • venres 5 de xullo- AVANTE ASOC. DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE- Val do Dubra
  • luns 8 de xullo- ASOCIACIÓN MISELA- Noia
  • martes 9 de xullo- ASOCIACIÓN AMARAI- Boimorto
  • xoves 11 de xullo- ASOCIACIÓN ASPADEX- Cee
  • venres 12 de xullo - AMICOS- Boiro
  • martes 16 de xullo- ASOCIACIÓN NUESTRA SEÑORA DE CHAMORRO-Narón
  • xoves 18 de xullo- ASPROMOR - Ortigueira
  • venres 19 de xullo- ASPADISOL -Oleiros
  • martes 30 de xullo- PAI MENNI- Betanzos
  • xoves 1 de agosto- AMBAR- Ribeira

Estes obradoiros poden contribuir a que o medio dixital sexa accesible e seguro para toda a cidadanía e en especial para as persoas con necesidades especiais.

IMAXE.png