I Congreso Internacional Corpos, xénero e sexualidade
Os estudos queer/cuir e LGBT+ crecen cada día contando cada vez con máis referentes, obras e correntes de pensamento aos que recorrer. Esta expansión implica tamén a necesidade de creación de novos espazos académicos accesibles a todas as persoas que mostren interese por estes temas, sobre todo en momentos políticos coma os que vivimos que fan estes lugares de encontro máis necesarios que nunca.
No congreso Corpos, xénero e sexualidade recollerase tanto a diversidade de pensamentos xurdidos entre os seus límites políticos como daqueles procedentes doutros lugares. Preséntase así unha iniciativa con vocación internacional que permita reflexionar sobre a posibilidade de xerar unha corrente queer galega e, ao mesmo tempo, nos permita establecer encontro e debate con persoas de outros lugares.
Celebración do congreso:
Días 11, 12 e 13 de marzo de 202
A quen vai dirixido:
Este congreso está dirixido a persoas que realizan traballos de
investigación relacionados cos corpos, o xénero e/ou a sexualidade desde
unha perspectiva queer.
Áreas temáticas:
As áreas temáticas propostas para as comunicacións son: educación,
filosofía, socioloxía, antropoloxía, lingüística, arquitectura e
urbanismo, teoría decolonial, teoría crip, feminismo interseccional,
historia, arte, ciencias naturais, produccións audiovisuais e
representacións culturais, non monoamias e outros modelos relacionais.
Corpos, xénero e sexualidade
Programa
VENRES 11 de marzo
16:30 Acreditacións
17:00 Inauguración do congreso
17:30 Merenda de benvida con produtos de comercio xusto
18:00 Presentación dos libros deIra Hybris
<https://redegalegadeestudosqueer.wordpress.com/2022/02/25/ira-hybris-presenta/>,Nacho
Elpidio Domínguez
<https://redegalegadeestudosqueer.wordpress.com/2022/02/03/nacho-elpidio-presenta-se-vende-diversidad/>eCarolina
Meloni
<https://redegalegadeestudosqueer.wordpress.com/2022/02/03/carolina-meloni-presenta-feminismos-fronterizos/>
19:30 Espectáculo poético-musical deAndrea Nunes e Alba María
<https://redegalegadeestudosqueer.wordpress.com/2022/02/09/alba-maria-e-andrea-nunes-combinaran-musica-e-poesia-na-inauguracion-do-congreso/>
SÁBADO12 de marzo
08:40 Acreditacións
09:00 Mesa 1: Traballo sexual e abolicionismo do xénero
10:10 A teoría queer ou a desmontaxe do binarismo
sexoxenéricopalestra de Beatriz Suárez Briones
<https://redegalegadeestudosqueer.wordpress.com/2022/01/27/beatriz-suarez-briones-palestrante-no-i-congreso-corpos-xenero-e-sexualidade/>
11:40 Descanso e espazo de exposición editorial
12:00 Mesa 2: Intersección entre o xurídico e o queer
13:00 Descanso e espazo de exposición editorial
13:20 Mesa 3: Corpos outros: narrativas desde o poder
14:00 Xantar
15:00 Acreditacións
15:30 Mesa 4: Loitar en tempos revoltos
16:50 Descanso e espazo de exposición editorial
17:10 Mesa 5: Pedagoxías disruptivas
18:10 Descanso e espazo de exposición editorial
18:30 Mesa 6: Representacións queer na arte e a literatura
20:30 Ningún hombre me llevará a la cumbre
<https://redegalegadeestudosqueer.wordpress.com/2022/03/08/ningun-hombre-me-llevara-a-la-cumbre/>
Obra teatral no Centro Ágora a cargo de Celeste González
DOMINGO 13 de marzo
08:40 Acreditacións
09:00 Mesa 7: Corpo e pensamento queer: desafiando a ciencia hexemónica
10:10 Arquivos: da teoría á prácticaPalestra de Fefa Vila
<https://redegalegadeestudosqueer.wordpress.com/2022/01/12/fefa-vila-palestrante-no-i-congreso-corpos-xenero-e-sexualidade/>
11:40 Descanso e espazo de exposición editorial
12:00 Mesa 8: Galego alén do binario
13:00 Descanso e espazo de exposición editorial
13:20 Mesa 9: Fóra do marco monógamo
14:00 Xantar
15:00 Acreditacións
15:30 Mesa 10: Repensar que, como e onde
16:30 Descanso e espazo de exposición editorial
16:50 Mesa 11: Emerxencia queer
17:50 Descanso e espazo de exposición editorial
18:10 Rachemos a dicotomía: intersección entre teoría e práctica
queer Mesa redonda con activistas de Galiza e Portugal
19:30 Acto de clausura