Segregación ocupacional
No Plan de Igualdade Provincial detectouse no eixe 4 a necesidade de traballar cos centros educativos especialmente de secundaria a orientación vocacional para diminuír a segregación ocupacional do alumnado. Este tipo de intervención dirixense en tres grandes eixes, o traballo co profesorado, co alumnado e coa sociedade para rachar cos estereotipos asociados a elección das formacións profesionais ou universitarias tradicionalmente segregadas polo considerado como masculinas ou femininas que provocan a hiperrepresentación dalgún deste xénero e así mesmo dificultades no proceso formativo posterior.
Na diagnose de Compartimos Plan constatouse que á hora de que rapazas e rapaces escollan os seus itinerarios formativos os estereotipos e os roles de xénero entran en xogo. Así o mostran os datos de matriculación da formación profesional, bacharelato e da formación universitaria, pois vimos que existen determinadas familias formativas nas que se matriculan maioritariamente mulleres e noutras nas que as mulleres apenas están representadas. Isto ten como consecuencia unha marcada segregación ocupacional no mercado de traballo que perpetúa as desigualdades de xénero. Por iso, faise necesario realizar un programa de motivación e orientación vocacional para rachar cos estereotipos de xénero na configuración dos itinerarios formativos.
A orientación laboral do centro Rosalia Mera, detectou a necesidade de traballar co profesorado e co alumnado e propúsoxe levar a cabo a pilotaxe dun proxecto integral de centro onde traballar con perspectiva de xénero desde as súas aulas, visibilizando e procurando referentes femininas que promovan que o acceso os ciclos sexa mais equilibrado.
- Obxectivos: sensibilizar sobre a segregación ocupacional por razón de xénero e as súas implicacións no centro Rosalia Mera e na inserción laboral do alumnado.
- Obxectivos específicos:
- Sensibilizar ao profesorado en contidos relacionados coa igualdade de xénero, diversidade sexual e prevención das violencias de xénero.
- Sensibilizar ao alumnado sobre contidos relacionados coa igualdade de xénero, diversidade sexual e prevención das violencias de xénero.
- Levar a cabo dinámicas prácticas para favorecer a convivencia entre sexos
- Empoderamento do traballo feminino
- Procura de referentes en profesións masculinizadas
- Sensibilizar a poboación en xeral sobre a segregación ocupacional.
- Contidos a traballar
- Comunicación e dinámicas inclusivas na aula.
- Violencias. Detección e intervención
- Programas, recursos e accións en materia de igualdade á disposición do profesorado.
- Sensibilización sobre a importancia da educación en igualdade.
- Procesos de socialización (teoría sexo-xénero, sexismo e cultura: estereotipos e roles de xénero, ..)
- Discriminación laboral por razón de sexo, acoso.
- Propostas para a análise de xénero do centro educativo ( A igualdade nos instrumentos de planificación, a igualdade na estrutura organizativa, a igualdade no currículo: currículo explícito e currículo oculto.)
- Papel da linguaxe como axente socializador de xénero: principais usos sexistas da linguaxe, análise desta nos libros de texto, linguaxe icónico e socialización de xénero.
- Invisibilización das mulleres nos contidos escolares: Recomendacións para incorporar ás mulleres nos módulos.
- Sesións:
Proponse realizar 8 horas de sensibilización en formato mixto co profesorado e 8 horas en formato presencial con cada primeiro curso de cada ciclo formativo que son 11.
- Metodoloxía:
Esta proposta parte dun enfoque metodolóxico aberto, participativo e dinámico, adaptable á multiplicidade de realidades que podemos atopar neste centro educativo. A metodoloxía rixirase por estes principios:
- APRENDIZAXE SIGNIFICATIVA
- APRENDIZAXE COMO PROCESO INTERNO
- CONTEXTUALIZACIÓN DA APRENDIZAXE
- APRENDIZAXE COOPERATIVA
- EMPREGO DAS TIC COMO FERRAMENTAS
- REFORZO DOS COMPOÑENTES AFECTIVOS E RELACIONAIS
GUÍA DIDÁCTICA dirixida ao profesorado dos centros de Formación Profesional.
Un dos produtos resultantes do programa, é unha GUÍA DIDÁCTICA dirixida ao profesorado dos centros de Formación Profesional.
Nesta guía recóllense os contidos, actividades e dinámicas traballadas nas aulas no marco do programa. Trátase dunha ferramenta para que o profesorado doutros centros poidan traballar na sensibilización sobre a segregación ocupacional por razón de xénero nas súas aulas.
Esta unidade didáctica estrutúrase en 4 bloques temáticos.
CONCEPTUALIZACIÓN "Dando sentido ás palabras"
- Os coidados e o bo trato
- Conceptos básicos arredor do sistema sexo-xénero
- Estereotipos e roles de xénero nas ocupacións
- Segregación ocupacional
SOCIALIZACIÓN DIFERENCIAL DE XÉNERO "Novos modelos, vellas desigualdades"
- Roles e estereotipos de xénero nas ocupacións
- Socialización de xénero
- Expectativas e modelos de referencia
- Masculinidade hexemónica
- A autoestima e o bo trato
LINGUAXE "Penso como falo e falo como actúo?"
- Axentes e proceso de socialización de xénero.
- Os roles e estereotipos de xénero a través da publicidade.
- Comunicación e uso sexista da linguaxe (visual, escrita, oral)
- O uso da linguaxe.
DESIGUALDADES E VIOLENCIAS MACHISTAS "Compañeir@s no crecemento!"
- Identificación e análise das desigualdade e violencias machistas no Centro e na
- ocupación profesional.
- Construción de estratexias individuais e colectivas no combate ás desigualdades por
- razón de sexo-xénero.
Para consultar a guía preme no seguinte enlace: Guía Segregación Ocupacional
MICROVIDEO DE DIFUSIÓN E SENSIBILIZACIÓN
Outro dos resultados do programa é a realización dun microvídeo, dunha duración de 5:32 min., cuxo obxectivo é divulgar os resultados do proxecto, así como sensibilizar e concienciar en materia de igualdade, máis en concreto, sobre a segregación ocupacional por razón de xénero.
Para a súa realización, contouse coa participación do profesorado e alumnado do I.E.S Rosalía Mera.