Estás en:Servizos Sociais Igualdade de xénero Proxectos Un mar de mulleres

Un mar de mulleres

imaxe_page-0001 - girada.jpg

Un mar de mulleres é un proxecto en colaboración coa confraría de pescadores do Pindo que ten como obxectivos principais dar a coñecer a historia das mulleres no sector pesqueiro e marisqueiro, as súas experiencias, a súa memoria e a evolución do seu traballo, facendo visible o impacto da súa labor e a súa necesaria presenza para o logro da igualdade, melloras económicas, laborais e socioambientais.

O proxecto desenvolverase dende novembro de 2024 a marzo de 2025 e consistirá en sete xornadas: catro adicadas aos máis pequenos e tres a persoas adultas.

As charlas para persoas adultas terán lugar o próximo 23 de novembro, 15 de decembro e probablemente a finais de febreiro. Nestas charlas falarase do feminismo e a igualdade, do patrimonio inmaterial e do proxecto en sí mesmo. Tamén se realizará un percorrido pola historia do pobo coas audioguías ficcionadas de Contos do mar.

As actividades para a cativada realizaranse nas vacacións de Nadal (26 e 27 previsiblemente) e nos meses de xaneiro e febreiro. 

Ensinarase aos nenos e nenas o que é o mundo do mar e o que se desenvolve o seu redor, recuperando e pondo en valor o patrimonio marítimo inmaterial, etnográfico, cultural e dos recursos endóxenos do territorio.

imaxe un mar de mulleres.jpg