Estás en:Servizos Sociais Premio boas prácticas

Premio boas prácticas

Con data 26 Novembro 2025 publícanse no BOP as bases "V Premio Boas Prácticas en  Servizos Sociais" da Deputación Provincial da Coruña.

O premio  busca recoñecer e premiar o traballo realizado por entidades sen ánimo de lucro do ámbito dos servizos sociais, que desenvolvan a súa actividade na provincia da Coruña. 

Establécense 6 premios, dotados con 7.000 € cada un, en dúas modalidades: proxectos e traxectoria da entidade.


Na modalidade de proxectos poderán concederse 5 premios, 1 por cada unha das seguintes categorías:


a) Investigación científica no ámbito dos Servizos Sociais.
b) Iniciativas no ámbito rural.
c) Área de persoas maiores, discapacidade e dependencia.
d) Área de familia, infancia e adolescencia.
e) Área de inclusión social.

Na modalidade de traxectoria da entidade poderá concederse 1 premio.

O prazo de presentación de solicitudes iniciouse o día 23 de decembro do 2025 e rematará ás 14:00 horas do día 3 de febreiro do 2026.
Ligazón ás bases no BOP(resolución

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación da presente convocatoria, realizarase por vía telemática a través de la plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña https://sede.dacoruna.gal/

Cartel-Boas-practicas-_2025.jpg