Subvencións
Convocatorias de subvencións
Convocatorias de subvencións
BASES DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS E ENTIDADES LOCAIS PARA FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS DURANTE O ANO 2025 (FOPPSS/2025)
O programa FOPPSS ten por obxecto a asistencia económica e técnica ás entidades locais na execución das súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios dando preferencia aos servizos mínimos que son os servizos sociais comunitarios básicos establecidos na Lei 13/2008 do 3 de decembro.
Datos do programa
Unidade xestora: Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes
Sección: Sección de Servizos Sociais
Anualidade: 2025
Denominación: Programa de Financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais no ano 2025
Entidades beneficiarias: Os concellos e entidades locais da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes
Programa: FOPPSS/2025
Aplicación orzamentaria: 0611/23121/46201
Importe da convocatoria: 9.108.793,42 €, máis as modificacións que se poidan producir
Podes consultar as bases no BOP 198 do 14 de outubro de 2024
Prazo de solicitudes : dende as 08:00 horas do día 21 de outubre de 2024, ata as 14:00 horas del día 21 de novembro de 2024, tanto as solicitudes como o resto da tramitación do programa, realizaranse vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial de A Coruña.
BASES REGULADORAS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA, DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS E OUTRAS ENTIDADES LOCAIS PARA FINANCIAR ACTIVIDADES DE ENVELLECEMENTO ACTIVO E ACTUACIÓNS DE LOITA CONTRA A SOIDADE NON DESEXADA NO ANO 2025 (FOEAC/2025)
O obxecto do programa FOEAC/2025 é a asistencia económica ás entidades locais de menos de 5000 habitantes, co fin de contribuír ao financiamento das actividades de envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada.
Actividades subvencionadas
Poderá solicitarse subvención para o desenvolvemento dun proxecto de intervención social comprendido por unha ou varias actividades, dirixidas a persoas maiores de 60 anos cuxa finalidade sexa fomentar o seu benestar físico, emocional e social.
As actividades do proxecto de intervención social deberán encaixarse dentro das que se citan a continuación :
· EA-1 Actividades para a prevención do deterioro físico
· EA-2 Actividades para a prevención do deterioro mental e estimulación cognitiva.
· EA-3 Outras actividades para o fomento da saúde e da calidade de vida
· EA-4 Actividades para a elaboración e execución de Plans locais de loita contra a soidade non desexada
· EA-5 Actividades interxeracionais
· EA-6 Actividades de acción voluntaria (as persoas destinatarias do proxecto poden ser as receptoras ou as que executen a acción voluntaria)
Datos do programa
Unidade xestora: Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes
Sección: Sección de Servizos Sociais
Anualidade:2025
Denominación: Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar actividades de envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada no ano 2025
Entidades beneficiarias: Os concellos e entidades locais da provincia da Coruña de menos de 5.000 habitantes
Programa: FOEAC/2025
Aplicación orzamentaria: 0611/23121/46201
Importe da convocatoria: 294.000,00 € Este importe poderá ser obxecto de modificación orzamentaria.
Podes consultar as bases no BOP 198 do 14 de outubro de 2024
Prazo de solicitudes: dende as 08:00 horas do día 21 de outubre de 2024, ata as 14:00 horas del día 21 de novembro de 2024, tanto as solicitudes como o resto da tramitación do programa, realizaranse vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial de A Coruña.
BASES REGULADORAS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS E OUTRAS ENTIDADES LOCAIS PARA A ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS PARA OS DESPRAZAMENTOS DO PERSOAL DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS (FOICV/2025)
O obxecto do programa FOICV/2025 é contribuír ao financiamento da adquisición dun vehículo novo ou quilometro cero para os desprazamentos do persoal dos servizos sociais comunitarios
O importe da subvención solicitada será máximo 20.000 €, non podendo superar o importe estimado do vehículo descontados, no seu caso, os outros ingresos previstos para o seu financiamento.
Cada entidade local poderá realizar unha única solicitude para un só vehículo.
Datos do programa
Unidade xestora: Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes
Sección:Sección de Servizos Sociais
Anualidade:2025
Denominación: Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para a adquisición de vehículos para os desprazamentos do persoal dos servizos sociais comunitarios
Entidades beneficiarias: Os concellos e entidades locais da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes
Programa: FOICV/2025
Aplicación orzamentaria: 0611/23121/76201
Importe da convocatoria: 100.000 €
Este importe poderá ser obxecto de modificación orzamentaria.
Podes consultar as bases no BOP 198 do 14 de outubro de 2024
Prazo de solicitudes: dende as 08:00 horas do día 21 de outubre de 2024, ata as 14:00 horas del día 21 de novembro de 2024, tanto as solicitudes como o resto da tramitación do programa, realizaranse vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial de A Coruña.
Información das convocatorias do 2025
BASES REGULADORAS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA A MELLORA DOS SERVIZOS E PROGRAMAS EN MATERIA DE SERVIZOS SOCIAIS E SOCIOSANITARIOS PARA ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS DURANTE O ANO 2025 (FOIEV/2025)
O obxecto deste programa é financiar os gastos derivados da adquisicións de vehículos destinados a servizos e programas en materia de servizos sociais e sociosanitarios.
As entidades poderán presentar unha única solicitude para un só vehículo, atendendo aos seguintes usos:
1. Transporte de persoas (vehículo adaptado ou non adaptado).
2. Transporte de mercancías para reparto de alimentos, roupa ou doutras mercancías.
Datos do programa
Unidade xestora Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes: Sección Sección de Servizos Sociais
Anualidade: 2025
Denominación: Programa de subvencións ás entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para a mellora
dos servizos e programas en materia de servizos sociais e sociosanitarios para a adquisición de vehículos, ano 2025.
Entidades beneficiarias: Entidades sen ánimo de lucro con sede social na provincia da Coruña ou que desenvolvan a súa actividade na mesma e reúnan os requisitos da convocatoria.
Programa: FOIEV/2025
Aplicación orzamentaria: 0611/23121/781
Importe da convocatoria: 400.000 € (este importe poderá ser obxecto de modificación orzamentaria )
Podes consultar as bases no BOP Nº 224 BOP Nº 224 20 Novembro
Pendente
BASES REGULADORAS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA, DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O MANTEMENTO DE CENTROS DE SERVIZOS SOCIAIS NO ANO 2025 (FOAXE-C/2025)
O obxectivo da convocatoria é apoiar ás entidades sen ánimo de lucro no mantemento de centros de servizos sociais nas diversas áreas de intervención social.
Datos do programa
Unidade xestora Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes: Sección Sección de Servizos Sociais
Anualidade: 2025
Denominación: Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de centros de
servizos sociais no ano 2025
Entidades beneficiarias: Entidades sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais con sede social na provincia da Coruña ou que desenvolvan a súa actividade na mesma.
Programa: FOAXE-C/ 2025
Aplicación orzamentaria: 0611/231.21/481
Importe da convocatoria: 900.000 € ( Este importe poderá ser obxecto de modificación orzamentaria )
Podes consultar as bases no BOP nº 217 11 Novembro 2024
Prazo de solicitudes : dende as 08:00 horas do día 15 de novembro de 2024, ata as 14:00 horas del día 16 de decembro de 2024, tanto as solicitudes como o resto da tramitación do programa, realizaranse vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial de A Coruña.
BASES REGULADORAS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA, DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O MANTEMENTO DE PROGRAMAS E SERVIZOS EN MATERIA DE SERVIZOS SOCIAIS NO ANO 2025 (FOAXE- P/2025)
Serán obxecto desta convocatoria os servizos, programas ou actividades contemplados nas bases.
Datos do programa
Unidade xestora Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes: Sección Sección de Servizos Sociais
Anualidade: 2025
Denominación: Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas e
servizos en materia de servizos sociais no ano 2025
Entidades beneficiarias: Entidades sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais con sede social na provincia da Coruña ou que desenvolvan a súa actividade na mesma.
Programa: FOAXE-P 2025
Aplicación orzamentaria: 0611/231.21/481
Importe da convocatoria: 900.000 € ( Este importe poderá ser obxecto de modificación orzamentaria )
Podes consultar as bases no BOP nº 217 11 Novembro 2024
Prazo de solicitudes : dende as 08:00 horas do día 15 de novembro de 2024, ata as 14:00 horas del día 16 de decembro de 2024, tanto as solicitudes como o resto da tramitación do programa, realizaranse vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial de A Coruña.
BASES REGULADORAS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA, DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O INVESTIMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS NO ANO 2025 (FOIE/2025)
Serán obxecto desta convocatoria os servizos, programas ou actividades contemplados na base.
Datos do programa
Unidade xestora Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes: Sección Sección de Servizos Sociais
Anualidade: 2025
Denominación: Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para investimento de servizos sociais
no ano 2025
Entidades beneficiarias: Entidades sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais con sede social na
provincia da Coruña ou quedesenvolvan a súa actividade na mesma.
Programa: FOIE/2025
Aplicación orzamentaria: 0611/231.21/781
Importe da convocatoria: 1.000.000 € ( Este importe poderá ser obxecto de modificación orzamentaria )
Podes consultar as bases no BOP nº 217 11 Novembro 2024
Prazo de solicitudes : dende as 08:00 horas do día 15 de novembro de 2024, ata as 14:00 horas del día 16 de decembro de 2024, tanto as solicitudes como o resto da tramitación do programa, realizaranse vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial de A Coruña.
BASES REGULADORAS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA, DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNSA ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O MANTEMENTO DE PROGRAMAS SOCIOSANITARIOS NO ANO 2025 (FOCVAA/2025)
Serán obxecto desta convocatoria os programas ou accións contemplados nas bases que dirixan a súa atención a: Persoas transplantadas, persoas con enfermidades pulmonares,renais, reumatolóxicas, neurodexenerativas, neurolóxicas, raras, de cancro, linfedema -lipedema e outras patoloxías vasculares crónicas, diabetes, hemofilia, trastorno da conduta alimentaria, trastorno por déficit de atención e hiperactividade, afectadas por patoloxías odontolóxicas ou outras patoloxías crónicas ou agudas importantes que precisan coidados prolongados e rehabilitación.
Datos do programa
Unidade xestora Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes: Sección Sección de Servizos Sociais
Anualidade: 2025
Denominación: Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas
sociosanitarios,no ano 2025
Entidades beneficiarias: Entidades sen ánimo de lucro con sede social na provincia da Coruña ou que
desenvolvan a súa actividade na mesma
Programa Mantemento: FOCVAA/2025
Aplicación orzamentaria: 0611/23121/481
Importe da convocatoria: 500.000 € ( Este importe poderá ser obxecto de modificación orzamentaria)