Información relativa ao IBI
Para sabelo pode realizar a consulta enviando un correo electrónico a: atencion.tributaria@dacoruna.gal ou chamando ao teléfono 981415900, indicando a referencia catastral do inmoble.
Se a escritura de venda se fixo ante notario e sempre que se achegase a referencia catastral, o propio notario realizaría xa a comunicación da transmisión ao Catastro do cambio de titular.
Noutro caso, pode solicitar este cambio presentando o impreso 900D debidamente cuberto e asinado, xunto co documento público que acredite a titularidade a través dos seguintes medios:
Telematicamente con certificado dixital, DNI electrónico ou Cl@ve a través de nosa Oficina Virtual Tributaria ou da nosa Sede Electrónica ou ben, na Sede Electrónica do Catastro
A través de calquera dos medios de rexistro establecidos na Lei de procedemento administrativo ou persoalmente nunha das nosas oficinas (https://www.dacoruna.gal/atencion-cidada/canle-atencion/canle-atencion/#Atencion+ao+Contribuinte).
O IBI corresponde pagalo a quen é titular do inmoble a data do 1 de xaneiro de cada ano, data de devengo do imposto, polo que o pago correspóndelle á persoa que sexa propietaria nesta data, sen que proceda prorrateo ningún.
É o municipio o que aproba na súa ordenanza municipal as bonificacións do imposto. Na ordenanza figurarán os requisitos e porcentaxe dos beneficios fiscais.
Pode consultar os beneficios fiscais do IBI do seu concello aquí
Para poder beneficiarse del debe solicitalo cubrindo o seguinte impreso. Unha vez cuberto o pódeo presentar:
Telematicamente con certificado dixital, DNI electrónico ou Cl@ve a través da nosa Oficina Virtual Tributaria ou da nosa Sede Electrónica
A través de calquera dos medios de rexistro establecidos na Lei de procedemento administrativo ou persoalmente nunha das nosas oficinas de atención ao público (https://www.dacoruna.gal/atencion-cidada/canle-atencion/canle-atencion/#Atencion+ao+Contribuinte).
As liquidacións de atrasos no IBI realízanse cando hai alteracións catastrais do valor catastral (procedementos de regularización, corrección de erros, alteracións de orde física como obra nova, segregación, agrupación, etc).
Se a liquidación que recibiu non incorpora a dedución das cotas xa pagadas deses exercicios, deberá solicitar a oportuna compensación ou devolución de ingresos indebidos, no seu caso.
Esa solicitude de compensación/devolución pódea presentar:
Telematicamente con certificado dixital, DNI electrónico ou Cl@ve a través de nosa Oficina Virtual Tributaria ou da nosa Sede Electrónica
A través de calquera dos medios de rexistro establecidos na Lei de procedemento administrativo ou persoalmente nunha das nosas oficinas de atención ao público (https://www.dacoruna.gal/atencion-cidada/canle-atencion/canle-atencion/#Atencion+ao+Contribuinte).
Modelos de solicitude: devolución e compensación
Se un inmoble pertence a dous ou máis titulares, calquera deles pode solicitar a división da cota tributaria. Para que proceda a división, será indispensable que se coñezan os datos persoais e o domicilio do resto dos titulares, así como a proporción de participación de cada un deles no inmoble. Se non figuran no Catastro deberá achegalos o solicitante acompañando os documentos que o xustifiquen.
Non se dividirá a cota tributaria cando existan outros tipos de dereitos de propiedade sobre o inmoble como no caso de usufrutuarios cunha porcentaxe do 100%; neste suposto emitirase a totalidade da cota do recibo a nome do usufrutuario.
Se se trata dun ben inmoble rústico, só se atenderán as solicitudes de división cando a cota que se ha ingresar por parcela para cada un dos obrigados tributarios resulte superior a 6 €.
As solicitudes de división de cota terán efectos para o ano seguinte ao que se solicitan.
A referencia catastral da súa vivenda pode atopala:
No recibo do IBI.
Na copia simple da súa escritura.
Chamando ao teléfono 981415900. Horario de luns a venres de 9 a 14 horas.
Pódenme reclamar recibos de IBI pendentes de pago de exercicios anteriores á compra da miña vivenda?
Si, se previamente se declarou fallido ao debedor principal e aos posibles responsables solidarios, debido a que o inmoble queda afecto ao pago da totalidade da cota tributaria.
Normalmente, antes de formalizar a escritura, o notario advirte expresamente aos comparecentes sobre se existe ou non débedas pendentes no IBI.
