Estás en:Servizos Tributarios Preguntas frecuentes Información relativa ao IVTM

Información relativa ao IVTM

Para dar de alta un vehículo novo deberá entrar na ligazón da nosa OVT (opcións sen certificado dixital)  e xerar unha autoliquidación polos trimestres completos do ano nos que o vehículo vai estar de alta en tráfico.

O IVTM ten que pagalo o propietario do vehículo o día 1 de xaneiro de cada ano, data de devengo do imposto, sen que se poida realizar ningún prorrateo.

En caso de baixa definitiva do vehículo, o importe do imposto ratearase por trimestres naturais completos, polo que se pagarán os trimestres nos que o vehículo estivese dado de alta en tráfico.
En caso de baixa temporal do vehículo, só se ratea o imposto se a baixa é por roubo ou subtracción deste.

Todos os vehículos aptos para circular teñen que pagar o imposto. Os concellos poden aprobar nas súas ordenanzas fiscais unha bonificación por antigüidade, que pode chegar ao 100% da cota pero non é obrigatoria.

Para obter información dos beneficios fiscais de IVTM pode consultar na seguinte ligazón

A solicitude dos beneficios fiscais que xestiona a Deputación da Coruña, por delegación dos concellos, poderá presentarse:

Para obter información dos beneficios fiscais de IVTM pode consultar na seguinte ligazón

IMPORTANTE: Se realiza un cambio de domicilio do vehículo e o concello de tributación cambia, ten que solicitar os beneficios fiscais no novo concello.