Estás en:Servizos Tributarios Preguntas frecuentes Información relativa a plusvalía (IIVTNU)

Información relativa a plusvalía (IIVTNU)

Se a transmisión é entre vivos (compravenda, doazón...) o prazo será de 30 días hábiles desde a data da escritura
Se a transmisión é por herdanza o prazo será de 6 meses desde a data de falecemento 

Si, nos actos por causa de morte o prazo de 6 meses é prorrogable ata 1 ano a solicitude do interesado. A prórroga presentada no prazo de 6 meses desde o falecemento, entenderase concedida sen necesidade de resolvela de maneira expresa pola administración

Si, é correcto. O obrigado tributario será sempre o transmitente, con independencia dos pactos entre particulares, que non teñen efecto ante a administración, aínda cando estean recollidos en escritura

Cando se transmite un piso, á parte da construción, está a transmitirse unha participación no terreo onde está construído, polo que si está catalogado como de natureza urbana, a súa transmisión estaría suxeita ao IIVTNU.

Non, liquídase polo período máximo que son 20 anos, é dicir, se foi propietario durante máis tempo, só se liquida por 20 anos

En principio non ten que facer nada, é unha transmisión non suxeita ao imposto. No entanto, se vai inscribir a transmisión no Rexistro da Propiedade, é probable que lle pidan o xustificante de presentación da declaración, polo que pode presentala da mesma maneira que se se tratase dun terreo de natureza urbana, aínda que neste caso non se emitirá ningunha liquidación do imposto

  • Telematicamente con certificado dixital ou Cl@ve a través de nosa Oficina Virtual Tributaria  ou da nosa  Sede Electrónica

  • A través de calquera dos medios de rexistro establecidos na Lei de procedemento administrativo

As ordenanzas fiscais poderán regular unha bonificación de ata o 95 por cento da cota íntegra do imposto. Pode consultar as bonificacións aprobadas  polos concellos delegantes, na seguinte ligazón

Si, o Rexistro da Propiedade non practicará a inscrición de ningún inmoble, sen que se acredite previamente presentar a autoliquidación ou, no seu caso, a declaración ou comunicación da plusvalía

Deberá  acompañar a seguinte documentación:

  • Escritura pública de aceptación e adxudicación da herdanza se dispón dela.

A falta da escritura anterior:

  • Certificado de defunción  e/ou últimas vontades
  • Testamento ou declaración de herdeiros
  • Relación de inmobles de natureza urbana do falecido na data do seu falecemento identificados pola súa referencia catastral
  • Documentación acreditativa da data de adquisición polo falecido dos inmoble s

Non afecta. O cálculo realízase unicamente tendo en conta os seguintes elementos

  • Valor catastral do solo no momento do pagamento do IIVTNU
  • Nº de anos que transcorreron  desde a última transmisión suxeita
  • Coeficientes e tipos de gravame aprobados polos  concellos nas súas respectivas ordenanzas. Podo consultar os aprobados polos concellos delegantes nesta ligazón

Si, pode solicitar un cálculo aproximado no seguinte correo electrónico: gestion.tributaria@dacoruna.gal
Imos necesitar saber a referencia catastral do inmoble transmitido ou que se vai transmitir (pode consultala nun recibo do imposto sobre bens inmobles), así como a data na cal o adquiriu.

O Tribunal Constitucional declara a inconstitucionalidade do imposto naqueles casos nos que non se produciu un incremento do valor do terreo.
Corresponderá ao contribuínte probar que non se produciu este incremento. Para iso deberá presentar a declaración xunto cos medios de proba que considere oportunos, como podería ser a escritura de adquisición onde conste o prezo polo que adquirira, ou unha copia do modelo 650 do Imposto de sucesións, ou no seu caso, da liquidación complementaria practicada, no caso de que adquirise por herdanza.

Se non se solicita ou non se achega proba de que realmente non se produciu un incremento de valor no terreo, non sería aplicable a dita sentenza.