Edición 2025
XIII CONCURSO "#140ENPOSITIVO"
Obxecto.
Coa finalidade de espertar a imaxinación dos lectores e lectoras, animar a compartir as súas creacións, dinamizar a Biblioteca e facer partícipes do concurso ao conxunto de bibliotecas municipais da provincia, a Biblioteca da Deputación convoca a XIII edición do concurso #140enpositivo.
Buscamos mensaxes positivas que nos impulsen e melloren no noso día a día, palabras de ánimo e apoio para compartir e animar a diferentes idades. Se queres tomar parte desta marea de positivismo, e tes 14 anos ou máis, anímate a participar enviándonos a través do formulario web esa mensaxe que nos vai empuxar a afrontar a vida dun xeito máis positivo!
Condicións.
As mensaxes terán unha extensión máxima de 280 caracteres, os espazos contan. Poden estar escritas en galego ou castelán, e cada participante pode enviar como máximo 3 mensaxes, que deben ser inéditas.
Prazo.
O prazo para a presentación dos traballos será dun mes, e comezará ao día seguinte da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.
Premios.
Poderás conseguir os seguintes premios:
Categoría 1: Máis de 18 anos: no que se seleccionarán tres premiados ou premiadas.
- Un libro electrónico para o primeiro premio.
- Unha tarxeta regalo para a compra de libros valorada en 75 € para o segundo premio.
- Un lote de produtos promocionais da biblioteca para o terceiro premio.
Categoría 2: Entre 14 a 17 anos: no que seleccionarán tres premiados ou premiadas.
- Un libro electrónico para o primeiro premio.
- Unha tarxeta regalo para a compra de libros valorada en 75 € para o segundo premio.
- Un lote de produtos promocionais da biblioteca para o terceiro premio.
*Haberá un pequeno agasallo da Biblioteca para todas as persoas participantes, que se recollerá na Biblioteca.
Consulta as bases completas antes de participar