Edición 2018

 

#hoxeleoen: buscando escenarios de lectura pola provincia da Coruña (6ª edición). 2018

Cartel

2018_07_hoxeleoen.png

Información e bases

¡Xa está aquí o concurso de verán da Biblioteca! ¿En qué concello da provincia da Coruña che gusta ler nesta época de vacacións? ¿E en qué lugar? ¿Na praia? ¿No campo? ¿No parque? ¿No teu xardín? ¿Na piscina? Sexa cal sexa o teu lugar favorito, envíanos unha foto do lugar da provincia e o título do libro que estás lendo, ademáis do nome do concello, a través das nosas redes sociais coa etiqueta #hoxeleoen ou en Facebook na entrada do concurso, ou ben a través do correo electrónico biblioteca.info@dacoruna.gal e entra no sorteo da Biblioteca e de Turismo da Deputación da Coruña.

¡e poderás gañar unha viaxe a París!

Consulta as bases completas aquí: 

Agardamos as túas fotos antes do 31 de agosto!

Sorteo

¡Xa temos fotografía gañadora do concurso #hoxeleoen! A premiada no sorteo foi a participante co número 91, presentada a través do Instagram por @wunschland. O acto de entrega do premio será o vindeiro día 12 de setembro ás 12:00 h na Biblioteca da Deputación.

Tal e como ven recollido nas bases do concurso, o martes 4 celebrouse o sorteo de verán #hoxeleoen (Buscando escenarios de lectura pola provincia da Coruña, 6ª edición).

Desde a Biblioteca Provincial da Deputación e desde Turismo da Deputación da Coruña agradecemos a boa acollida e participación durante estas semanas nas que nos achegáchedes lecturas e autores moi interesantes, boa literatura, e nos descubríchedes recunchos de lectura moi apetecibles para o verán.

As fotografías que cumpren as bases e participaron no sorteo son 103. A fotografía premiada saeu dun sorteo aleatorio, tal e como se recolle na base sexta, de entre todas as participantes. Para a selección aleatoria utilizouse unha ferramenta en liña que xerou aleatoriamente un número entre o 1 e o 103.

Podedes ver o resultado do concurso en liña na seguinte dirección web: www.augeweb.com/azar/es51727

A continuación publicamos a relación de tódalas fotografías participantes e presentadas ao concurso:

Fotografía Gañadora

Xa temos fotografía gañadora do sorteo #Hoxeleoen. Segundo o sorteo realizado automáticamente na web mencionada, o número gañador foi o 4, que se corresponde coa fotografía presentada a través de Facebook por Luis Enrique Veiga Rodríguez, do libro "Se vende un hombre" de Ángel Mª de Lera, Premio Ateneo de Sevilla 1973, tomada na rúa Riego de Agua no Concello da Coruña.

NORABOA!

O acto de entrega do premio será o vindeiro venres día 20 ás 12:45 h.

Entrega de premio

Mañá día 12 de setembro ás 12:00 h terá lugar na Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña o acto público de entrega do premio do concurso #hoxeleoen, organizado pola Biblioteca en colaboración coa Sección de Turismo da Deputación,

O concurso de verán tivo como obxecto a dinamización e animación á lectura, así como a difusión do patrimonio paisaxístico e cultural dos concellos da provincia da Coruña. Para o cal os participantes remitiron a través das redes sociais e do correo electrónico fotografías dos seus recunchos da provincia preferidos para ler este verán, xunto coas lecturas das que estaban a desfrutar.

Entre tódalas fotografías participantes, que nesta edición foron 103 máis outras 6 fora de concurso, sorteouse unha viaxe a París relacionada coa temática literaria do concurso. A galardoada é Zaida Panadero Álvarez, que recollerá o premio mañá perante o Deputado de Turismo Xosé Regueira Varela, a Xefa de Sección de Turismo Mª Teresa Loureiro Ventureira, e a Arquiveira Bibliotecaria, Mª Dolores Liaño Pedreira.

Desde a Biblioteca e Turismo da Deputación agradecemos a acollida e participación no concurso, e adiantamos os parabéns á galardoada.