Edición 2022

Concurso HoxeLeoEn 2022


Ti e o teu libro nos teus lugares favoritos da provincia

Concurso para persoas lectoras de 12 a 17 anos. Participa do 20 de xullo ao 31 de agosto de 2022.

Bases

1. - Primeira. Le un libro nun lugar bonito.
Elixe a túa lectura para o verán e o teu lugar favorito da provincia para ler.

2. - Segunda. Tira unha boa foto
Envía a foto xunto cos teus datos no formulario dispoñible en www.dacoruna.gal/biblioteca/actividades no apartado de Concursos > HoxeLeoEn

3. - Terceira. Leva unha tableta!
Entre todas as fotografías sortearemos unha tableta.

Importante: as fotografías que non se axusten ao obxecto do concurso (ensinar a beleza de concellos e fomentar a lectura), que non teñan un mínimo de calidade ou incumpran as bases, así como aquelas de contido inadecuado, serán excluídas. A participación no concurso leva aparellada a autorización para publicar as fotografías, xunto co nome e apelidos das persoas participantes, nos diferentes medios impresos e dixitais que utiliza a Biblioteca e a Deputación da Coruña, incluídas as redes sociais.