Estás en:Biblioteca Actividades Concursos Concurso "A miña eclipse 2026"

Concurso "A miña eclipse 2026"

1. Mostra Bibliográfica sobre as eclipses na Biblioteca Provincial

#amiñaeclipse2026
Do 12 de agosto ó 31 de agosto de 2026

No vestíbulo da Entrada da Biblioteca. Rúa Riego de Agua, 37.
De Luns a Venres de 08:30 a 14:00 e de 15:30 a 20:15 h. Aberta. ENTRADA DE BALDE

2 E a ti, qué che inspira esta eclipse 2026?

Pode ser fotografías, creacións artísticas, relatos, frases, experiencia de como o viviches, cóntanos qué che inspirou ou qué che está inspirando esta eclipse 2026. As creacións deben estar ubicadas nun lugar da provincia da Coruña e exporemos os traballos na Biblioteca Provincial

Queremos que a túa experiencia tamén forme parte da memoria colectiva da nosa biblioteca.
Participa e axúdanos a completar a nosa exposición!
Envíanos unha fotografía, un debuxo, un poema, unhas letras...ou calquera creación inspirada no eclipse, realizada desde calquera lugar da provincia da Coruña cumprimentando o formulario que está na nosa web

Envíanola a través do formulario web (www.dacoruna.gal/biblioteca/actividades no apartado de Concursos > #amiñaeclipse2026 etiquétanos nas redes co #amiñaeclipse e menciona á @bibliodacoruna.

Envíanola a través do  formulario web

(O formulario estará aberto ata o 31 de agosto de 2026).

3. Comparte as túas creacións!

Publicaremos nas redes sociais e nos taboleiros do centro as creacións que nos enviedes. Entre todos os participantes sortearemos 10 lotes de productos da Biblioteca

As fotografías ou composicións que non se axusten ao obxecto da iniciativa (relacionados coa eclipse e ambientados na provincia da Coruña, que non teñan un mínimo de calidade, así como aquelas de contido inadecuado, non serán publicadas.

O ceo será o mesmo para todas e todos.
A túa mirada fará que cada eclipse sexa único.

#amiñaeclipse2026.png

Mais información e contacto:

biblioteca.info@dacoruna.gal

981415176  

Rúa Riego de Agua, 37

www.dacoruna.gal/biblioteca