Edición 2020
Edición 2020
#hoxeescriboen: Relatos e fotografías dos concellos da Coruña (8ª ed.)
Información e bases
Xa está aquí o concurso de verán para todas as persoas lectoras da provincia da Coruña! Saca a túa creatividade á rúa e móstranos o teu concello dun xeito orixinal, poderás gañar unha noite para dúas persoas con cea, almorzo e acceso ao spa no recentemente inaugurado Parador de Muxía. Ademáis de este premio, entre os participantes de cada concello sortearanse un lote de libros e productos da provincia.
Desde a Biblioteca Provincial e Turismo da Deputación da Coruña queremos animarte a que escribas e saques á luz o teu talento creativo, ao mesmo tempo que fomentas o patrimonio do teu concello: redacta un relato ambientado ou referido ao concello no que vives, pode estar relacionado coa historia local, con unha lenda, con unha tradición do teu concello, con un persoeiro destacado, cos valores positivos do teu concello, a riqueza natural, cultural ou medioambiental... calquera aspecto que axude a destacar o lugar no que vives. Presume do teu concello!
Envía entre catro e dez folios, acompañados dun máximo de 3 fotografías que axuden a ilustrar o relato e estén localizadas no teu concello, a biblioteca.info@dacoruna.gal xunto cos teus datos peroais. Consulta antes as bases completas con atención!
En setembro un xurado valorará os relatos e fotografías e fallará o premio. Tes ata o 31 de agosto para enviarnos a túa participación. Agardámoste!
Bases completas do concurso: Bases do concurso #hoxeescriboen 2020. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Cartel
Sorteo
O 31 de agosto rematou o prazo deste concurso de dinamización e animación á lectura e a difusión do patrimonio paisaxístico e cultural dos concellos da provincia da Coruña, feito en colaboración entre a Biblioteca Provincial e Turismo da Deputación da Coruña.
Queremos agradecer a todas as persoas que se animaron a participar nesta actividade connosco axudándonos a fomentar a lectura, nos vindeiros días recibiredes no voso domicilio un pequeno agasallo en recoñecemento. E particularmente ás persoas que prestaron a súa imaxe para a reportaxe da Voz de Galicia.
Destacamos a grande calidade das fotografías presentadas este ano, buscando escenarios destacados na natureza, na praia, en edificios históricos... Os enfoques particularmente coidados, os lugares con boas vistas, a elección da perspectiva ou o fomento dalgúns lugares algo máis descoñecidos da nosa xeografía provincial que merecen ser publicitados.
Pero sobre todo é de destacar a variedade de libros cos que participastes no concurso: grandes éxitos da literatura actual, novidades de non ficción (como ciencia ou psicoloxía), pero tamén teatro ou obras clásicas inmortais, literatura infantil e xuvenil... Para todos os gustos. Notouse unha importante participación de títulos en formato dixital e congratulámonos da importante presenza masculina nesta edición que outros anos estaba algo máis ausente. Os nosos parabéns.
Aínda que puidestes ir seguindo a participación polas nosas redes, foi imposible publicar todas as fotografías. De todos os xeitos, debido á revisión das fotografías por parte do equipo da Biblioteca para que se axusten ás bases, as fotografías definitivas cos números finais, do 1 ó 143, publícanse a continuación:
Lembrámosvos que o sorteo terá lugar o día 9 de setembro ás 11:00 h. O sorteo realizarase de xeito automático mediante unha ferramenta web de selección aleatoria dun número entre o 1 e o 143. A dirección web na que se realizará o sorteo é a seguinte: Sorteo en liña do VII concurso #Hoxeleoen 2019 Despois das 11:01 h dese día poderase ver o resultado. Unha vez comprobado a qué fotografía corresponde o número seleccionado, desde a Biblioteca poñerémonos en contacto coa persoa gañadora o mesmo día 9 a través dos datos de contacto facilitados, para comunicarlle o premio e a data do acto de entrega do mesmo, datos que posteriormente se farán públicos.
Relato Gañador
- "Este é o meu lugar favorito no mundo, desde que era unha nena da túa idade. E agora máis, desde que podemos acceder á terraza" – falaba Mencía co seu fillo Eume, desde o alto do castelo dos Andrade, en Nogueirosa.
Así comenza "Unha viaxe no tempo por Pontedeume", de Juan Coira Pociña, o título do relato gañador do premio "Hoxe escribo en", #HoxeEscriboEn convocado pola área de Turismo e a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. Á convocatoria presentáronse máis de corenta obras compostas por un texto literario e fotos.
Juan Coira Pociña, é o gañador do concurso "Hoxe escribo en" #HoxeEscriboEn cun relato que se impuxo na votación do xurado composto por persoal técnico da Biblioteca e da área de Turismo, presidido polo vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira.
O relato arrinca do alto do castelo dos Andrade cunha conversa entre unha muller chamada Mencía e o seu fillo Eume a partir da que se constrúe unha historia que visita non só os principais monumentos e puntos de interese de Pontedeume a través da súa historia.
O autor recibirá como premio unha estadía no parador de Muxía para dúas persoas. O obxectivo da convocatoria era premiar a creatividade e promocionar os recursos turísticos dos concellos da Coruña. Para participar era preciso redactar un relato e xuntar ata tres fotos ambientadas ou referidas ao concello no que viven que pode estar relacionado coa historia local, cunha lenda, cunha tradición, cun persoeiro destacado ou mesmo cos recursos naturais, culturais ou medioambientais do territorio que convide a animar a visitalo.
Agradecemos a todos os participantes a creatividade e talento e a frescura coa que nos amosaron eses lugares da provincia da Coruña dende outra mirada. Todos o participantes terán un agasallo polo esforzo En breve poderedes ler todos os traballos participantes nun documento único que estamos maquetando, hoxe compartimos o traballo gañador.