Edición 2023

cartelhoxeescribien 2023.JPG

#HoxeEscriboEn 2023: Relatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS

O acto de entrega de premios será o día 20 de decembro ás 13:00 h na Biblioteca, e estará presidido polo Deputado da Área de Turismo, Xosé Regueira Varela, e pola Deputada da Área de Cultura, Natividad de Jesús González Rodríguez. Acto aberto ao público.

RESOLUCIÓN DO CONCURSO:

ACTA DA REUNIÓN DO XURADO DA 11ª EDICIÓN DO CONCURSO DE RELATOS #HOXEESCRIBOEN "Relatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña"

Reunido no Pazo Provincial ás 11:00 horas do día 22 de novembro de 2023 o xurado do Concurso convocado pola Biblioteca Provincial en colaboración ca sección de Promoción e Desenvolvemento Turístico da Deputación.

Preside a reunión por delegación do Presidente, Xose Regueira Varela, vicepresidente da Deputación, e asisten os vogais Patricia Cernadas Novo e Paula Cabado Brea. Actúa como secretaria, por delegación do secretario xeral, Carmen María Ferreiro Villaverde, bibliotecaria e directora da Biblioteca provincial.

A secretaria informa que se presentaron 84 relatos correspondentes a 73 persoas. Os membros do xurado proceden ao análisise das obras presentadas.

Realízase unha rolda de lectura e selecciónanse os traballos finalistas, que segundo o criterio do xurado son os seguintes:

PRIMEIRO PREMIO: Relato Nº 34. Título: Estou aquí, do que é autora María Luisa Vidal Collazo, referido ao Concello de Ponteceso.

SEGUNDO PREMIO: Nº5 Título: O desencravo, do que é autor Diego Fernández Fernández, referido ao Concello de Betanzos.

TERCEIRO PREMIO: Nº 59 Título: El pazo de Goiáns do que é autora María José González López, referido ao Concello de Boiro.

O xurado elixiu as obras por axustarse ás bases e ao obxeto do concurso, destacando os seguintes aspectos:

Estou aquí, por ser un texto lírico que expresa con gran beleza os sentimentos e as emocións. O mar como parte da identidade e a evolución no tempo na paisaxe . Cabo Roncudo, a praia de Osmo, a praia de Arnela son protagonistas deste sensorial relato.

O desencravo, por ser un relato escrito con ironía, humor ambientado na igrexa de Santa María do Azougue. A historia destaca polo seu estilo fluído e orixinalidade.

El pazo de Goiáns, por ser un texto que transmite fantasía, coidada prosa e que evoca un mundo onírico ambientado na paisaxe mariña a carón do Pazo de Goians.

Por último, o xurado propón que entre os restantes participantes do concurso, dada a calidade xeral dos traballos presentados, se sorteen 30 lotes de produtos gastronómicos da provincia.


A Coruña, 22 de novembro de 2023

RELATOS GAÑADORES DO CONCURSO

Relato 34_Maria Luisa Vidal Collazo_Estou aquí_1º premio HoxeEscriboEn 2023.pdf

Relato 5_Diego Fernández Fernández_O desencravo_2º premio HoxeEscriboEn 2023.pdf

Relato 59_María José González López_El Pazo de Goians_3º premio HoxeEscriboEn 2023.pdf

GAÑADORES DO SORTEO DE 30 LOTES

Eva Castro Outeiriño

Cristina Castro Santiago

Miguel Santiago Fernández Armesto

Sabrina Ana Pennino

Milagros Torrado Cespón

Anna Daura Sirera

Noela Pérez Pallas

Noemí Alba Dobaño García

Pablo Álvarez Álvarez

Ainhoa Conde Castro

Rebeca Caamaño Prol

Alba Yáñez Picos

Pedro Naveira Pedreira

Juan José Lada Vilariño

José Armando Mondelo Rodríguez

Estefanía Martínez Varela

Manuel Durán Gómez

Óscar Reboiras Loureiro

Alba Vila Paz

Teresa Moreno Pena

Ania Ferreira Longueira

Alba Martínez Suárez

Irene Losada Bestilleiro

Victoria Salgado Basoa

Aida Muiños Cánive

Natalia Cuns Lema

José Malvárez Carleos

María Pilar López Cuntín

Víctor Hugo da Silva Vasconcellos

Alba Sánchez Ares

BASES

93 concellos da provincia dan para moito escribir, e por iso lanzamos unha nova edición do concurso #HoxeEscriboEn no que a Biblioteca Provincial e Turismo da Deputación da Coruña nos unimos para animarvos a escribir sobre os vosos lugares dentro da provincia da Coruña.

Desde a Biblioteca Provincial e Turismo da Deputación da Coruña queremos animarte a que escribas e saques á luz o teu talento creativo, ao mesmo tempo que fomentas o patrimonio do teu concello: redacta un relato ambientado ou referido ao concello no que vives, pode estar relacionado coa historia local, con unha lenda, con unha tradición do teu concello, con un persoeiro destacado, cos valores positivos do teu concello, a riqueza natural, cultural ou medioambiental... calquera aspecto que axude a destacar o lugar no que vives. Presume do teu concello!

O prazo de presentación é entre o 1 de xullo e o 31 de agosto.
Achegamos as BASES COMPLETAS, o cartaz desta edición e tamén unha serie limitada de marcapáxinas con lugares da provincia para a promoción do concurso, que podedes conseguir nas bibliotecas municipais e nas oficinas de turismo da provincia.

FORMULARIO PARA ENVIAR O RELATO

Bases completas do concurso #HoxeEscriboEn 2023:

1. Primeira. – Obxecto

O obxecto do concurso é fomentar o talento creativo, a animación á escritura e á lectura e a difusión do patrimonio cultural e turístico dos concellos da provincia da Coruña; sensibilizar sobre o patrimonio cultural, natural e medioambiental de cada un e a importancia de preservalo. Para iso a Biblioteca provincial xunto coa Sección de Turismo da Deputación da Coruña convocan unha nova edición do concurso de relatos da provincia.

2. Segunda. – Participantes

Poderán participar todas as persoas físicas, maiores de idade, usuarias ou non da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, de xeito libre. Quedan excluídas todas aquelas persoas con calquera tipo de relación laboral coa Biblioteca provincial e coa Sección de Turismo da Deputación da Coruña.

3. Terceira. – Formato

Os relatos presentados ambientaranse ou referiranse a un concello da provincia da Coruña, non será necesario que o autor viva nel, e deberán estar relacionados con algún destes temas: a historia local, lendas propias, tradicións do pobo, persoeiros destacados, os valores positivos do concello, a riqueza natural, cultural ou medioambiental do concello, ou calquera outro aspecto que axude a resaltar o patrimonio do concello.

Deberán estar escritos en galego ou castelán, ser inéditos e non ter sido presentados en ningún outro concurso.

O texto terá unha extensión entre 500 e 2000 palabras, escritos a dobre espazo con letra Times New Roman, en corpo 12. Presentarase como un arquivo de texto en formato .doc, .docx ou .odt.

4. Cuarta. – Forma de presentación

A presentación dos relatos deberá ser a través do formulario habilitado na web da Biblioteca da Deputación da Coruña.

O formulario encóntrase na web da biblioteca https//www.dacoruna.gal/biblioteca na seguinte ruta Actividades > Concursos > Concurso #HoxeEscriboEn > Edición 2023

Tamén se pode premer na seguinte ligazón: https://dacoruna.gal/biblioteca/actividades/concur/consurso-hoxeescriboen/edicion-2023

Cada participante deberá realizar unha inscrición na que indique o seu nome e apelidos, concello da provincia desde o cal participa e no que se ambienta o relato, teléfono de contacto e enderezo postal.

Deberá enviar como arquivo adxunto a esta inscrición o relato en formato .doc, .docx ou .odt.

Cada persoa poderá participar cantas veces queira, deberá enviar un formulario por cada participación.

Para resolver dúbidas do concurso, pódese contactar enviando un correo electrónico a biblioteca.info@dacoruna.gal ou no teléfono 981 080 176.

5. Quinta. - Prazo de presentación

O prazo de presentación do relato é do 1 de xullo de 2023 ao 31 de agosto de 2023, ambos os dous incluídos. Non se considerarán as propostas presentadas fóra deste prazo.

6. Sexta. – Xurado

Os relatos serán valorados por un xurado especializado, e a súa decisión será inapelable. A valoración basearase en criterios de orixinalidade, calidade na redacción, calidade lingüística e aproximación á temática proposta nas bases primeira e terceira.

O nome das persoas gañadoras darase a coñecer no mes de setembro de 2023.

7. Sétima. –Premio

O primeiro premio consistirá nunha estancia para dúas persoas de dúas noites, con almorzo incluído, nun establecemento do tipo de cabanas rurais da provincia da Coruña.

O segundo premio consistirá nunha estancia para dúas persoas dunha noite, con almorzo incluído, nunha casa rural da provincia da Coruña.

O terceiro premio consistirá nunha comida ou cea para dúas persoas nun establecemento da provincia da Coruña.

Ademais entre os participantes sortearanse varios lotes de produtos da provincia.

As persoas que resulten galardoadas recibirán a comunicación por teléfono ou correo electrónico e publicaranse nas redes sociais e web da biblioteca.

As datas de desfrute dos premios serán concretadas coas persoas gañadoras, unha vez resolto o concurso.

8. Oitava. –Entrega do premio

A entrega dos premios terá lugar nun acto público que se realizará na Biblioteca provincial da Deputación da Coruña. Salvo por razóns de forza maior, as persoas gañadoras deberán estar presentes no acto de entrega do premio.

Os lotes de produtos da provincia, que sortearán entre os relatos ambientados en cada concello, serán enviados por correo postal ao enderezo sinalado polos participantes na súa mensaxe de participación, tal e como se solicita na base cuarta.

9. Novena. – Dereitos e deberes

A participación no concurso leva aparellada a autorización para publicar os relatos, xunto co nome e apelidos das persoas participantes, nos diferentes medios impresos e dixitais que utiliza a Sección de Turismo da Deputación da Coruña, a Biblioteca, e a Deputación da Coruña; incluídas as redes sociais e a plataforma de préstamo dixital EbiblioDaCoruna.

Os relatos presentados ao concurso de xeito incompleto ou que non se axusten ou incumpran as bases, así como aqueles de contido inadecuado, serán excluídos.

A participación no concurso implica a aceptación total destas bases, e que os participantes se fan responsables da autoría e contido dos relatos, que non vulnerarán os dereitos de honra, intimidade persoal / familiar e á propia imaxe de terceiras.

FORMULARIO PARA O ENVÍO DO RELATO:

Non estamos en prazo de participación. Participa ata o 31 de agosto de 2023