Edición 2025

TWITTER_Portada-80.jpg

NOTA DE PRENSA PREMIOS

O relato O fío do tempo, do pontés Xosé María López Fernández, gaña a 13ª edición do concurso #hoxeescriboen

A entrega de premios terá lugar o 26 de setembro na Biblioteca Provincial, nun acto presidido polo vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira

O certame recibiu 104 obras de 90 persoas participantes, que puxeron en valor o patrimonio cultural e natural da provincia

O relato O fío do tempo, de Xosé María López Fernández (As Pontes), foi elixido polo xurado como gañador da 13ª edición do concurso #hoxeescriboen "Relatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña". A obra, ambientada no Mosteiro de Monfero, conquistou ao tribunal do galardón pola súa intensidade literaria e pola capacidade de mergullar ao lector nun ambiente sobrecolledor que recrea o lugar como un espazo maldito, cunha linguaxe poderosa, descricións líricas e unha estrutura narrativa que se mantén firme ata o final.

O segundo premio correspondeu a Francisco Ascón Belver (Oleiros) por A tardiña de San Xoán, relato situado na Praia de Langosteira en Fisterra, que destaca pola súa forza visual e pola atmosfera de misterio que percorre toda a narración. O terceiro galardón foi para Raquel Martínez Rodríguez (Arteixo), autora de Onde está Velázquez?, ambientado nas Meninas do Canido en Ferrol, unha proposta fresca e dinámica que convida a mirar o patrimonio urbano como memoria colectiva e tamén como proxección de futuro.

O xurado, presidido por delegación polo vicepresidente Xosé Regueira, estivo integrado por Patricia Cernadas, Paula Cabado e Maite Loureiro, quen tamén exerceu como secretaria. En total avaliáronse 104 relatos presentados por 90 persoas, todos eles verificados previamente como obras orixinais e inéditas.

A entrega de premios celebrarase o 26 de setembro na Biblioteca Provincial da Coruña, nun acto presidido por Xosé Regueira. Ademais, para recoñecer a alta calidade do conxunto de traballos recibidos, a Deputación sorteou entre o resto de participantes trinta lotes de produtos gastronómicos da provincia, recibindo o premio os seguintes relatos:

O relato "O fío do tempo", de Xosé María López Fernández (As Pontes), foi elixido polo xurado como gañador da 13ª edición do concurso #hoxeescriboen "Relatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña". A obra, ambientada no Mosteiro de Monfero, conquistou ao tribunal do galardón pola súa intensidade literaria e pola capacidade de mergullar ao lector nun ambiente sobrecolledor que recrea o lugar como un espazo maldito, cunha linguaxe poderosa, descricións líricas e unha estrutura narrativa que se mantén firme ata o final.

O segundo premio correspondeu a Francisco Ascón Belver (Oleiros) por A tardiña de San Xoán, relato situado na Praia de Langosteira en Fisterra, que destaca pola súa forza visual e pola atmosfera de misterio que percorre toda a narración. O terceiro galardón foi para Raquel Martínez Rodríguez (Arteixo), autora de Onde está Velázquez?, ambientado nas Meninas do Canido en Ferrol, unha proposta fresca e dinámica que convida a mirar o patrimonio urbano como memoria colectiva e tamén como proxección de futuro.

O xurado, presidido por delegación polo vicepresidente Xosé Regueira, estivo integrado por Patricia Cernadas, Paula Cabado e Maite Loureiro, quen tamén exerceu como secretaria. En total avaliáronse 104 relatos presentados por 90 persoas, todos eles verificados previamente como obras orixinais e inéditas.

A entrega de premios celebrarase o 26 de setembro na Biblioteca Provincial da Coruña, nun acto presidido por Xosé Regueira. Ademais, para recoñecer a alta calidade do conxunto de traballos recibidos, a Deputación sorteou entre o resto de participantes trinta lotes de produtos gastronómicos da provincia, recibindo o premio os seguintes relatos:

As agullas das brétemas.
Onde morren as promesas.
A lenda da Marola.
O vello Antián do Castro.
Cos cinco sentidos.
43°46'15.2'' N. / 7°52'10.8'' O. Cartografía da memoria.
El paseo de San Antón.
O segredo.
Legado ancestral.
A voz da Moura.
As dúas torres.
O cesáreo.
Cambio de rumbo.
O bote MARUXA.
Tristura, poesía e lume.
O descenso do Anllóns.
Os caladiños.
Noite meiga en Monte Neme.
Museos que atesoran cicatrices.
El guante de Lady Hester.
Salvar unha ría.
Xela na Biblioteca.
A última de Conxo, do que é autora Alba Sánchez Ares.
Promesa, do que é autora Teresa Moreno Pena.
O can de Urko que fuxiu do seu acometido, do que é autor Jorge Veiga López.
Secundino, unha ánima moi animada, do que é autora Mónica Corzo Brañas.
A historia que a min me contaron, do que é autora Eva María Carro Vázquez.
Brumosa carga, do que é autor José Troca García.
Onde o Barcés rumorea, do que é autora Sylvia Martín Cabanas.
Bivalva de gramínea, do que é autora Beatriz Blanco Filgueira.

Ler nota completa en https://dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=26154& 

PRAZO DE PARTICIPACIÓN

O prazo de presentación de traballos, do 5 de xullo ao 18 de agosto de 2025

BASES DA CONVOCATORIA

Relatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña

1. Primeira. – Obxecto

O obxecto do concurso é o fomento do talento creativo, a animación á escritura e á lectura, e a difusión do patrimonio cultural e turístico dos concellos da provincia da Coruña, axudando a sensibilizar sobre o
patrimonio cultural, natural e medioambiental de cada un, e a importancia de preservalo. Para isto a Biblioteca Provincial xunto coa Sección de Turismo da Deputación da Coruña convocan unha nova edición do concurso de microrrelatos sobre o patrimonio dos concellos da Provincia.

2. Segunda. – Participantes

Poderán participar tódalas persoas físicas, maiores de idade, usuarios ou non da Biblioteca Provincial da
Deputación da Coruña, de xeito libre. Quedan excluídas todas aquelas persoas con calquera tipo de relación laboral coa Biblioteca Provincial e coa Sección de Turismo da Deputación da Coruña.

3. Terceira. – Formato

Os microrrelatos presentados ambientaranse ou farán referencia a algún dos concellos da Provincia da
Coruña, non sendo preciso que o autor resida nel. Poderán estar relacionados coa historia local, lendas propias, tradicións do pobo, persoas destacadas, valores positivos do concello, a riqueza natural, cultural ou medioambiental do seu territorio, ou calquera outro aspecto que axude a resaltar o patrimonio do concello. Deberán estar escritos en galego ou castelán, ser inéditos e non ter sido presentados en ningún outro concurso.
O texto terá unha extensión máxima de 500 palabras.


4. Cuarta. – Forma de presentación

A presentación dos relatos farase a través do formulario habilitado na web da Biblioteca da Deputación da Coruña. O formulario atópase na web da biblioteca https//www.dacoruna.gal/biblioteca seguindo a ruta: Actividades > Concursos > Concurso #HoxeEscriboEn > Edición 2025


Tamén podes acceder premendo na seguinte ligazón:
https://dacoruna.gal/biblioteca/actividades/concur/consurso-hoxeescriboen
Cada participante deberá realizar unha inscrición indicando o seu nome e apelidos, concello da provincia desde o que participa e no que se ambienta o relato, teléfono de contacto e enderezo postal. Cada persoa poderá participar cantas veces queira, cumplimentando un formulario por cada unha das participacións.
Para solventar dúbidas do concurso, podes contactar enviando un correo electrónico a biblioteca.info@dacoruna.gal ou no teléfono 981080176.

5. Quinta. - Prazo de presentación

O prazo de presentación do/s microrrelatos será de un mes e medio despois da súa publicación no BOP da Coruña. Non se considerarán propostas presentadas fóra deste prazo.

6. Sexta. – Xurado

Os microrrelatos serán valorados por un xurado especializado, e a súa decisión será inapelable. A valoración basearase en criterios de orixinalidade, calidade na redacción, calidade lingüística e aproximación á temática proposta nas bases Primeira e Terceira.
O nome das persoas gañadoras darase a coñecer despois de rematar o prazo de presentación dos traballos e da reunión do xurado.


7. Sétima. –Premio

O primeiro premio consistirá nunha estancia para dúas persoas dunha noite, con almorzo e cea incluídos, nun establecemento tipo cabanas rurais da provincia da Coruña.
O segundo premio consistirá nunha estancia para dúas persoas dunha noite, con almorzo incluído, nun
establecemento rural da provincia da Coruña.
O terceiro premio consistirá nunha comida ou cea para dúas persoas nun establecemento da provincia da Coruña.

Amáis, entre os participantes, sortearanse varios lotes de produtos da provincia.
As persoas que resulten galardoadas recibirán a comunicación por teléfono ou correo electrónico e publicaranse nas redes sociais e web da biblioteca.
As datas de desfrute dos premios serán concretadas coas persoas gañadora, unha vez resolto o concurso.

8. Oitava. –Entrega do premio

A entrega dos premios terá lugar nun acto público que se realizará nas dependencias da Deputación da Coruña.
Salvo por razóns de forza maior, as persoas gañadoras deberán estar presente no acto de entrega do premio.
Os lotes de produtos da provincia, que se sortearán entre as persoas participantes, poderá ser recollido no acto de entrega dos premios, e non caso de ser imposible acudir, serán enviados por correo postal ao enderezo sinalado polos participantes na incripción, tal e como se especifica na base cuarta.


9. Novena. – Dereitos e deberes

A participación no concurso leva aparellada a autorización para publicar os microrrelatos, xunto co nome e apelidos das persoas participantes, nos diferentes medios impresos e dixitais que utiliza a Sección de Turismo da Deputación da Coruña, a Biblioteca, e a Deputación da Coruña; incluídas as redes sociais e a plataforma de préstamo dixital EbiblioDaCoruna.
Os microrrelatos presentados ao concurso de xeito incompleto ou que non se axusten ou incumpran as bases, así como aqueles de contido inadecuado, serán excluídos.
A participación no concurso implica a aceptación total destas bases, e que as persoas participantes se fan responsables da autoría e contido dos relatos, que non vulnerarán os dereitos á honra, á intimidade
persoal/familiar e á propia imaxe de terceiras.

IMAXE GRÁFICA

Cartaz hoxeescriboen 2025.JPG

CARTAZ: CARTAZ_A3_HoxeEscriboEn_2025.pdf

TRÍPTICO DO CONCURSO: TRIPTICO_A4_HoxeEscriboEn_2025.pdf

PUBLICACIÓN NO BOP.  Boletín N°126 de 4 de xullo de 2025. Acceso ao contido: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/07/04/bop_126.pdf