Estás en:Biblioteca Actividades Concursos Concurso #hoxeescriboen_mocidade

Concurso #hoxeescriboen_mocidade

#HoxeEscriboEn_Mocidade: Relatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña

RRSS_HoxeEscriboEnMocidade_Biblioteca-01.jpg

O obxecto do concurso #HoxeEscriboEn _ Mocidade é o fomento do talento creativo, a animación á escritura e á lectura, o impulso do uso do idioma propio entre a mocidade, e a difusión do patrimonio cultural e turístico dos concellos da provincia da Coruña (axudando a sensibilizar sobre o patrimonio cultural, natural e medioambiental de cada un e a importancia de preservalo).

Para iso, a Biblioteca Provincial xunto coa Sección de Turismo da Deputación da Coruña, convocan un concurso de microrrelatos inspirados na provincia da Coruña e orientados á mocidade da provincia da Coruña.

Información do Concurso

RELATOS PREMIADOS

  • GAÑADOR FINAL: Praia de Doniños

RESOLUCIÓN DO CONCURSO E FALLO DO XURADO

REUNIÓN DO XURADO

Reunido no Pazo Provincial ás 12:30 horas do día 7 de maio do 2025 o xurado do concurso convocado pola Deputación da Coruña. 

RESUMO DA PARTICIPACIÓN

A secretaria informa que se presentaron 166 miccrotelatos. Destes, 5 foron descartados por non cumprir coas bases do mesmo, 4 excedían as 500 palabras e 1 estaba escrito en castelán. Tamén se descartou a participación de 1 relato, a petición do centro que o enviou, porque resultou gañador doutro concurso, o que era incompatible coas bases. Así, foron 160 os relatos participantes no total das categorías.

As catro categorías nas que podían participar e o número de relatos que se recibiu por cada un
foi:
• CATEGORÍA A: 1º e 2º da ESO – 75 relatos – 71 no concurso
• CATEGORÍA B: 3º e 4º da ESO – 65 relatos – 63 no concurso
• CATEGORÍA C: Bacharelato – 22 relatos no concurso
• CATEGORÍA D: Ciclos Formativos de Gº Medio e Superior – 4 relatos no concurso

Máis información sobre a participación: Informe resumo da participación.pdf

FALLO DO XURADO

Realizase una ronda de lectura e selecciónense os traballlos finalistas, que segundo o criterio do xurado son os seguintes:

  • CATEGORÍA A: Alumnado de primero e segundo da ESO
    • Microrrelato premiado: A tecedora de lá
    • Autor: Iñaki Echarte
    • Centro de ensinanza: CPR Salesianos San Juan Bosco, A Coruña
    • Accede ao contido aquí: 1Premio_CategoriaA.pdf
  • CATEGORÍA B: Alumnado de terceiro e cuarto da ESO
    • Microrrelato premiado: Praia de Doniños (Gañador final)
    • Autor: Iago Maseda Truyols
    • Centro de ensinanza: CPR Plurilingüe Cristo Rey, Ferrol
    • Accede ao contido aquí:1Premio_CategoriaB_GañadorFinal.pdf
  • CATEGORÍA C: Alumnado de Bacharelato
    • Microrrelato premiado: O último croque
    • Autor: Sofía Cao Fontán
    • Centro de ensinanza: CPR La Salle, Santiago de Compostela
    • Accede ao contido aquí: 1Premio_CategoriaC.pdf
  • CATEGORÍA D: Alumnado de ciclos formativos de Grao Medio e Superior
    • Microrrelato premiado: No teu batel, abalar
    • Autor: María Tubío Boo
    • Centro de ensinanza: FESAN, Centro Privado de Formación Profesional FESAN, Santiago de Compostela.
    • Accede ao contido aquí: 1Premio_CategoriaD.pdf

MOTIVACIÓN

O xurado elixiu as obras por axustarse ás bases e ao obxeto do concurso, destacando os seguintes aspectos de cada microrrelato:

A tecedora de lá: polo seu ton e estructura  semella unha fabula  que encerra unha importante ensinanza: a importancia de valorar o propio. Ben sintetizada a trama desa loita desigual entre o poderoso e o débil e as súas consecuencias. Ritmo fluido e estilo coida. 

Praia de Doniños: destaca pola súa capacidade de condensar espazo, personaxes, trama e conflicto. Suxerente e aberto a diferentes interpretacións. Evoca as lendas mariñeiras. Concisión léxica na que o non dito engade intensidade expresiva.

O último croque: destaca a imaxinación e o pulso narrativo para manter o misterio de principio a fin nesta viaxe no tempo. A voz narradora vai transmitindo moi ben a súas diferentes sensacións. Boa recreacion da atmosfera cunha linguaxe precisa.

No teu batel, abalar: dprofundidade e orixinalidade coa que relata o drama do naufraxio mariñeiro a través dunha potente voz narrativa que combina con acerto o seu pensamento co que observa no exterior. Descripcións precisas cun estilo lírico e sensorial. Mantén unha ambigüedade que invita a diferentes interpretacións.

ENTREGA DE PREMIOS

Otorgaranse dous premios por categoría e un premio final.

Os premios por categoría serán:

Catro bonos culturais valorados en 100 euros cada un, para ás cuatro autores e autoras dos microrrelatos.
Catro salidas culturais para o conxunto da aula dos catro premiado

Segundo as bases, o xurado elixe entre os catro premiados un microrrelato gañador para o premio final consistente na adpatación do relato para a realización dunha contrametraxe.

O xurado selecciona para o premio final o microrrelato Praia de Doniños por ser a obra que mais se adapta as bases do concurso e que destaca pola creatividade e forza da mensaxe.

Por último, o xurado destaca a alta participación no concurso, con traballos de calidad e de temáticas moi suxerentes.

BOP. Bases HoxeEscriboEn_Mocidade2025

Materiais para a difusión