Estás en:Biblioteca Actividades Obradoiros de pintura do Nadal

Obradoiros de pintura do Nadal

Obradoiros artísticos de pintura do Nadal

Impartidos por Luisa Valdés

Idade: de 7 a 14 anos
Data: vacacións de Nadal
Horario: de 11:00 a 13:00 horas
Prazas: 14 nenos/as por semana
Lugar: Sala Manuel López

Prazo de inscrición: comeza o 14 de decembro ás 10:30 h.


Os cursos son totalmente gratuítos.


Semanas a elixir:
• Primeira semana: 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2023
• Segunda semana: 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2024

Inscrición: Poden inscribirse todos os socios/as na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado de Actividades premendo en Inscrición no taller de pintura e elixindo a semana correspondente. Comprobar antes que o carné está vixente.
A páxina para inscribirse nas actividades activarase o 14 de decembro ás 10:30 h da mañá.
Continuará aberta a inscrición ata que se cubran as prazas e a listaxe de agarda.
Nuns días, ás persoas que obtivesen a praza, comunicaráselles por correo electrónico. Crearanse listaxes de agarda coas persoas non admitidas.
Unha praza por nen@ (agás irmáns).

En caso de non poder asistir, por favor comunicalo á Biblioteca para cubrir a praza coa lista de espera.
Para calquera dúbida, chame ao 981 080 171 ou escriba a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal.

INSCRICIÓN: PRAZAS ESGOTADAS

Esta actividade non está en prazo de inscrición. Inscríbete a partir do 14 de decembro ás 10:30 h.