Estás en:Biblioteca E-biblioteca Alta no préstamo electrónico

Alta no préstamo electrónico

SOLICITUDE DE PRESTACIÓN DO SERVIZO DE LIBRO ELECTRÓNICO:

Debes dispoñer do Adobe Reader para poder encher o  formulario. Se non dispós del podes descargarlo na seguinte ligazón.

  1. Descarga o seguinte formulario ao teu dispositivo.
  2. Ábreo con Adobe Reader e cúbreo cos teus datos persoais.
  3. Garda os cambios, gardando o documento cun nome diferente.
  4. Envíao como documento adxunto nunha mensaxe a biblioteca.info@dacoruna.gal.

 

INFORMACIÓN RELATIVA A PROTECCIÓN DE DATOS

No caso de non facilitar estes datos, será rexeitada  a solicitude por imposibilidade para a súa tramitación.

De acordo ca normativa vixente de protección de datos de carácter persoal, informámolo/a de que os datos facilitados serán tratados pola Deputación coa finalidade de poder atender a súa solicitude. Estes datos serán tratados de maneira confidencial, e só poderán ser cedidos, nos casos contemplados na normativa vixente. Comunicámoslle que pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento e portabilidade dos seus datos, dirixíndose por escrito ao Rexistro de Entrada da Deputación Provincial da Coruña na Avenida do Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña, ou ben a través da sede electrónica. Para calquera outra dúbida pode dirixir un correo a delegadodeprotecciondedatos@dacoruna.gal.

 INFORMACIÓN BÁSICAINFORMACIÓN ADICIONAL
RESPONSABLE DO TRATAMENTODEPUTACIÓN DA CORUÑA. BIBLIOTECA PROVINCIALPara calquera dúbida pode dirixirse as oficinas centrais da Deputación sitas na Av. Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña, ou a dirección de correo delegadodeprotecciondedatos@dacoruna.gal
FINALIDADEOBTENCIÓN PLATAFORMA LIBRO ELECTRÓNICOPrestación  do servizo, biblioteca provincial
LEGITIMACIÓN–     Consentimento do interesado

–     Prestación dun servizo

No caso de que sexa denegado o consentimento o tratamento dos datos persoais, a solicitude será rexeitada por imposibilidade material para a prestación do devandito servizo.
DESTINATARIOSOdilo Tid S.L. (CIF B-30856439)Proporcionan a Plataforma de soporte para a lectura dixital de libros
DEREITOSO interesado pode exercer os dereitos de acceso, rectificación. oposición, limitación, supresión perante as oficinas centrais da Deputación sitas na Av. Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña, ou a dirección de correo delegadodeprotecciondedatos@dacoruna.galPode consultar información adicional na política de privacidade da Deputación na dirección  www.dacoruna.gal/avisos/politica-privacidade