Estás en:Biblioteca E-biblioteca eBiblioDaCoruna

eBiblioDaCoruna

IM_banners_bienvenida_relanzamiento_diputacion_coruna_20240415.jpgim_head_condiciones_prestamo_diputacion_coruna_gal_20260430.jpg

Qué e a eBiblioDaCoruna

eBiblioDaCoruna é a plataforma gratuita de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros, e outros contidos dixitais das máis variadas temáticas, que a Deputación da Coruña pon en servizo para todas as persoas usuarias de calquera biblioteca pública municipal da provincia da Coruña ou da Deputación.

Está dispoñible a través de calquera navegador web, e tamén a través da app eBiblioDaCoruna dispoñible para Android, iOS e Huawei.

Quero darme de alta

Para poder utilizar a biblioteca dixital eBiblioDaCoruna é necesario unhas condicións mínimas:

  • Ser usuaria/o de calquera biblioteca pública da provincia da Coruña
  • Dispor dun enderezo electrónico.
  • Ter un ou máis dispositivos para ler (ordenador persoal, teléfono móbil, tableta ou lector de libro electrónico)

Alta na biblioteca dixital

Comezar na eBiblioDaCoruna

Unha vez que fagas a inscrición, procesaremos a túa alta e recibirás unha mensaxe de correo electrónico no enderezo que indicaras na túa solicitude para establecer o teu contrasinal e, a partir dese intre, poderás gozar da totalidade dos servizos que ofrece eBiblioDaCoruna. Tes diferentes maneiras de facer uso da biblioteca dixital eBiblioDaCoruna:

1. Desde o navegador web

Visualización dos contidos en tempo real, sen necesidade de descarga a través de calquera dispositivo.

É posible ler os teus ebooks en préstamo directo e comodamente a través do navegador do teu ordenador persoal ou do navegador doutros dispositivos.

Para iso, só é necesario iniciar sesión no apartado “Identificarse”, introducir o correo electrónico e contrasinal, e unha vez dentro da eBiblioDaCoruna buscar o contido desexado e pulsar sobre o botón “Prestar” e logo "Ler" que aparece xunto a cada un dos contidos dixitais.

Poderás consultar o catálogo completo da eBiblioDaCoruna no enderezo https://ebiblio.dacoruna.gal

 

2. A través da App da Biblioteca

A App da eBiblioDaCoruna permíteche prestar contidos dixitais no teu teléfono intelixente ou tableta, navegar polo catálogo da biblioteca, pedir prestados documentos ou poñelos en espera, descargar e devolver títulos, así como tomar notas, poñer marcadores e moito máis. 

A App está dispoñible para iOS (a partir de iOS 15), Android e Huawei (a partir de 5.1 en ambos casos).

Características

A aplicación de lectura eBiblioDaCoruna permite tomar en préstamo calquera título dispoñible no catálogo da biblioteca e descargalo ao dispositivo móbil nun só clic.

A aplicación está optimizada para dispositivos iOS, Android e Huawei e mellora a experiencia do usuario grazas á súa interface sinxela e fácil de usar.

Desde a app poderás navegar polo catálogo, realizar préstamos e reservas, ler en liña e descargar libros para ler sen conexión a internet.

O lector que inclúe a aplicación permite personalizar a lectura cambiando o tipo, tamaño e espazo da letra. Ademais permite axustar o brillo da pantalla e seleccionar a cor do fondo.

Podes enlazar ata un máximo de 6 dispositivos diferentes, iniciando a lectura en calquera deles e continuando noutro diferente retomándoa no punto exacto en que a deixaches.

Descarga a aplicación

A aplicación da eBiblioDaCoruna está dispoñible de xeito gratuíto nas seguintes tendas de aplicacións: APP StoreGoogle Play e Huawei AppGallery.

Despois de descargala e instalala, necesitarás introducir o teu correo e contrasinal. Non esquezas aceptar os termos e condicións de uso do servizo.

 

3. Lectura mediante descarga nun e-reader

Neste caso, precisas configurar unha conta Adobe ID e instalar no teu ordenador a aplicación Adobe Digital Editions (Instrucións e titorial). Unha vez descargado, debes localizalo onde o teñas gardado, facer doble clic sobre el e seguir os pasos para finalizar a descarga.

A continuación, fai clic no apartado superior de "Axuda" e selecciona "Autorizar equipo".

No despregable de "Provedor" selecciona "Odilo".

No apartado ID de provedor e contrasinal, inserta as mesmas credenciais coas que accedes á plataforma.

Fai clic no botón de "Autorizar".

Agora xa podes descargar libros electrónicos da eBiblioDaCoruna ao Adobe Digital Editions, e deste pasalos ao teu lector de libros dixitais.

CÓMO DESCARGAR E INSTALAR ADOBE DIGITAL EDITION

Feito esto, conecta o teu lector de libros electrónicos ao teu ordenador. Se o teu lector é compatible co programa (consulta aquí o listado de lectores compatibles), Adobe Digital Editions vaino detectar automáticamente e mostralo no apartado Dispositivos da ventá principal.

Os dispositivos Kindle non son compatibles.

Unha vez feito isto, xa podes ir á eBiblioDaCoruna, buscar o recurso que che interesa, darlle a "Prestar" e logo premer no despregable ao lado de "Ler" e seleccionar "Descargar para Adobe Digital Editions".

Vaise descargar o arquivo ao teu ordenador que tes que abrir co programa Adobe Digital Editions.

En "Todos os elementos" podes premer co botón dereito sobre a lectura descargada, seleccionar "Copiar en equipo/dispositivo" e logo premer no nome do teu lector. A lectura copiarase ao teu lector.

Se queres devolver o préstamo, unha vez que o tes descargado ao Adobe Digital Editions xa non podes facer a devolución desde a túa conta da eBiblioDaCoruna nin desde o lector, hai que facelo desde o Adobe Digital Editions. Premes co botón dereito enriba do arquivo e seleccionas "Devolver elemento prestado".

Préstamo, lectura, devolución, reserva e solicitude de compra

Para localizar os recursos do teu interese no catálogo podes buscar os materiais nos carruseis (desprazándote lateralmente ou despregándoo completamente pulsando no +), por materias (no menú despregable) ou no buscador que permite a busca por título, autor, ISBN ou ben mediante filtros de temáticas especiais.

Para acceder ó servizo lembra que tes que identificarte introducindo o usuario( correo electrónico) e o contrasinal, ou acceder á aplicación no teu dispositivo móbil.

Préstamo

É  posible tomar contidos dixitais en préstamo independentemente do número de exemplares en préstamo noutros soportes na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.

  • Podes tomar en préstamo ata un máximo de 6 contidos dixitais de forma simultánea.
  • O prazo de préstamo depende do material do que estamos facendo uso.

Límites de Préstamo (Simultáneos): 6 POR USUARIO
Número de préstamos simultáneos por formato:
Libros electrónicos:  3
Audiolibros:  2
Revistas: 2
Películas: 1
Podcast: 1
Periódicos: 1
Cursos: 1
Open module: ilimitado (cursos de aprendizaje)
Clubs de lectura: ilimitado

É posible renovar.

Máximo de 80 materiales al mes, sin límite diario. Superado este límite non se puede tomar en préstamo mais documentos ata el cambio de mes (día 1 do mes siguinte).

Duración do préstamo

  • Libros electrónicos:  21 días
  • Audiolibros: 21 días
  • Revistas: 3 días (72 h)
  • Películas: 21 días
  • Podcast: 21 días
  • Periódicos: 2 horas
  • Recursos da Deputación da Coruña: 21 días

Devolución

Unha vez finalizado o prazo de préstamo, o contido deixará de ser accesible dende os teus dispositivos. Se queres volver collelo prestado, debes esperar 24 horas. No caso no que estea reservado por outra persoa, tes que reservalo e agardar a túa quenda para volver collelo prestado. 
É posible devolver préstamos antes da data prevista sempre que:

    • Non descargaras o libro dixital desde o teu ordenador ou mediante Adobe Digital Editions. Nese caso, a devolución só podes facela desde o propio Adobe Digital Editions, premendo sobre a lectura co botón dereito e seleccionando "Devolver elemento prestado".

Non penalizan as devoluciones anticipadas de recursos.

Reserva

Se o título do teu interese está prestado, poderás reservalo para desfrutar del cando estea dispoñible:

  • Seguirase a orde de petición para as reservas.
  • É posible reservar ata un máximo de cinco contidos dixitais de forma simultánea.
  • No momento en que o contido dixital estea dispoñible e che corresponda por orde de petición, recibirás unha mensaxe de correo electrónico cunha ligazón para confirmar o préstamo:
    • Libros electrónicos: 48 horas
    • Audiolibros: 48 horas
    • Revistas: 12 horas
    • Películas: 48 horas
    • Podcast: 48 horas
    • Periódicos: media hora

Transcorridas as cales sen confirmar o préstamo, a reserva pasará automaticamente ao seguinte lector/a en espera.

    • En caso de que no momento de activarse a reserva tiveses en préstamo o número máximo de ebooks por lector, non recibirás a mensaxe de aviso e a reserva pasará automaticamente ao seguinte lector/a en espera.



Numero de documentos que puede reservar: 5 reservas simultáneas

Por favor, comproba a túa caixa de correo electrónico non desexado e a configuración de filtrado deste, xa que os avisos de reserva poderían ser tratados erroneamente como correo non desexado e, a consecuencia del, poderías perder a túa reserva.

Tamén é posible aceptar a reserva desde a túa conta e desde a app, ademais de que podes activar a opción «Aceptar automaticamente todas as reservas» desde o apartado «Reservas» da túa conta. Deste xeito, cando chegue a túa quenda na lista de reserva, o libro prestarase automaticamente na túa conta, sempre e cando non teñas xa 5 contidos prestados nese momento

Renovación

É posible renovar documentos sempre que non estés reservados por outros lectores. As reservas prevalecen sobre as renovacións.
Só se pode renovar unha vez cada recurso.


Libros electrónicos:  pódese renovar cando falten 3 días para o esgotar o préstamo.
Audiolibros: pódese renovar cando falten 3 días para o esgotar o préstamo.
Revistas:  pódese renovar dende o momento de préstamo sempre que non haxa reservas.
Películas: pódese renovar cando falten 3 días para o esgotar o préstamo.
Podcast: pódese renovar cando falten 3 días para o esgotar o préstamo.
Periódicos: pódese renovar dende o momento de préstamo sempre que non haxa reservas.

Desideratas_ Solicitudes de Compra

Pódesense suxerir  peticións de compra facendo un uso responsable. Non se permite máis de 5 solicitudes de compra por usuario ao mes.

Accesibilidade

Co obxectivo de que todas as persoas lectoras poidan adaptar o contido ás súas necesidades, implementáronse varias opcións para adaptar o contido ás preferencias de lectura.

"Text to speech" ou conversión de texto a voz: tanto desde a visualización no navegador web como desde a app, poder converter calquera texto en voz.

"OpenDyslexic": premendo no panel de configuración mentres les, e seleccionando "Opcións de lectura", podes atopar o tipo de fonte "OpenDyslexic" que foi especialmente deseñada para persoas con dislexia.

Control por voz: habilitando o micrófono do teu dispositivo, poderás interactuar coa lectura, por exemplo mediante os seguintes comandos: Reproducir, Pausar, Continuar.

Na app da eBiblioDaCoruna pódense activar as melloras de accesibilidade no apartado "Máis" e logo indo a "Axustes" e "Accesibilidade", onde se pode implementar un tema de alto contraste ou iniciar a interface accesible.

Personalizar a lectura

Podes personalizar a túa experiencia na lectura e adaptar os libros ás túas preferencias. Mentras les, xa sexa no ordenador ou a través da app para móbiles da eBiblioDaCoruna, podes modificar:

  • O tipo de fonte
  • O tamaño da fonte
  • A distancia do interliñado
  • A cor de fondo
  • A cor do fondo da páxina

Tamén poderás engadir marcadores e notas para marcar fragmentos importantes ou remarcar citas interesantes. Estes marcadores e notas só serán visibles para ti.

Outras opcións na túa área de usuario/a

Listas: podes crear listas de lecturas pendentes de ler, ou recomendadas, ou por temáticas... e engadir recursos para acceder a eles de xeito rápido. Podes deixar as listas privadas ou públicas para que outras persoas tamén accedan a elas.

Suxestións de contido: poderás buscar recursos do teu interese e suxerir que se merquen para a eBiblioDaCoruna. Se finalmente se acepta a suxestión de contido, recibirás unha mensaxe de correo electrónico informándote de cando está dispoñible. Non se permite máis de 5 suxerencias de compra por usuario ao mes.

Historial: amosa todos os títulos que prestaches desde que fas uso da eBiblioDaCoruna, así poderás comprobar se un título do teu interese xa o liches ou non.

Retos: poderás deseñar desafíos persoais. A través do menú de "Crear novo reto" poderás elixir entre o número de horas que marcas como obxectivo para dedicarlle á lectura, ou ben o número de títulos consumidos, é dicir o número de lecturas que te marcas como obxectivo ler durante un período.

A miña conta: poderás verificar a información relacionada coa túa conta e configurar preferencias persoais.

Axustes: aquí podes seleccionar se queres que as descargas se fagan efectivas de xeito automático ou só con rede wifi, se as reservas queres que se acepten automáticamente, cambiar o idioma da plataforma, etc.

Preguntas frecuentes

¿Podo ler un recurso desde máis dun dispositivo?

Sí, podes ter ata 6 dispositivos enlazados que se sincronizan automáticamente sempre que teñan conexión á Internet.

¿Qué ocorre se en vez de "Prestar" vexo o botón "Reservar"?

Quere dicir que todos os exemplares están prestados, e hai que agardar a quenda por orde para acceder á lectura ata que a eBiblioDaCoruna avise da dispoñibilidade.

¿Podo devolver os recursos antes de tempo?

Sí. Os recursos desaparecen automáticamente cando xa pasou o periodo límite de préstamo, que sempre aparece indicado ao lado do recurso prestado. Porén, se os queres devolver antes, podes facelo sen problema. Lembra que se é un recurso que descargaches ao teu ordenador para o Adobe Digital Editions, só podes facelo a través deste programa.

¿Hai penalización por devolver un recurso fóra de prazo?

Non hai posibilidade de que isto ocorra, posto que o contido devólvese de xeito automático unha vez que finaliza o período de préstamo.

¿Podo facer copia de pantalla ou imprimir as páxinas dos libros electrónicos?

Por dereitos de Copyright non hai opción de copiar pantalla nin imprimir as páxinas.

¿Hai contido noutros idiomas?

Sí, hai recursos en diferentes idiomas, no buscador podes filtrar por idioma.

Se teño un problema, ¿con quén contacto para solucionalo?

Se tes un problema co contido, na portada atoparás a opción de informar do problema. Este informe vai directamente ao soporte técnico da plataforma, polo que a Biblioteca da Deputación non ten coñecemento desta cuestión. Se desexas que a Biblioteca intermedie no problema, escribe un correo coa túa incidencia a biblioteca.info@dacoruna.gal.

Dinamización

  • Boletín de novas mensual

Maio de 2026https://dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=27594 

Abril de 2026: https://dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=27421 

  • Formación presencial nas Bibliotecas Municipais da provincia da Coruña

Actividades de formación dixital para concellos ( Abril a Xuño de 2026)

          

  • Campaña de dinamización 

Nova política de préstamos da EBIBLIODACORUNA 

  • #EuLeoEnDixital: campaña de animación á lectura

Vídeo realizado para promocionar EbiblioDacoruna no que Carmen Gundín, lectora e usuaria da Ebiblioteca no que conta as vantaxes da plataforma e a facilidade e comodidade para usala.

 https://youtu.be/DrDZZLNyFMc

Contacto coa EbiblioDaCoruna

A eBiblioDaCoruna está xestionada pola Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.

Na rede podes atopala no enderezo https://ebiblio.dacoruna.gal

Fisicamente encóntrase localizada en R/ Riego de Agua 37, 15001 na Coruña.

Para dúbidas ou consultas sobre o funcionamento podes contactar con nós no enderezo electrónico biblioteca.web@dacoruna.gal e tamén no teléfono 981 415 176 en horario de apertura da biblioteca.

IM_post_FB_diputacion_a_coruna_20240415.jpg