Estás en:Contratación II Congreso de Contratación Pública: por unha contratación máis áxil, eficaz, en igualdade e sostible

II Congreso de Contratación Pública: por unha contratación máis áxil, eficaz, en igualdade e sostible

BOP nº 47, do 6 de marzo de 2024

Organiza: Deputación Provincial da Coruña (Servizo de Patrimonio e Contratación)

Datas de realización: Luns 1 e martes 2 de abril de 2024

Lugar de realización: Teatro Colón. Avenida da Mariña, nº 4 - A Coruña

Dirección do Congreso: Xosé Luis Penas Corral, deputado provincial de Contratación, Patrimonio e Equipamento.

Coordinación: Luis Jaime Rodríguez Fernández, xefe do servizo de Patrimonio e Contratación da  Deputación Provincial de A Coruña.

Teléfonos : 981 080 366 / 981 080 314

Persoas destinatarias: Persoal das administracións públicas, cargos electos, arquitectos/as, enxeñeiros/as, avogados/as, economistas, empresarios/as, estudantes, opositores/as e persoas interesadas en xeral.

O congreso contará cun servizo permanente de intérpretes en  lingua de signos

Inscrición: Gratuíta, na seguinte ligazón:

Formulario

Prazo de inscrición: ata as 23.59 horas do domingo, 31 de marzo de 2024

Certificado de asistencia: enviaráselles ás persoas que asistan e o solicitaran no documento de inscrición.

O obxecto deste congreso é reflexionar, debater e atopar puntos de encontro para buscar aquelas medidas e instrumentos que permitan conseguir unha maior axilidade e simplificación na xestión administrativa da contratación, poñendo especial énfase na contratación estratéxica e singularmente na xestión pública con perspectiva de xénero. Así mesmo trataranse outros temas de interese relativos a esta materia, a prol dun mellor servizo á cidadanía, contratistas, e á propia administración.

Programa:

Descarga programa en castelán

LUNS, 1 DE ABRIL DE 2024                                                                                                 

8.45 Recepción de asistentes

9.00 PRESENTACIÓN DO CONGRESO

  • Valentín González Formoso, presidente da Deputación Provincial da Coruña

 

9.15 CONFERENCIA: “Contratación pública e boa administración: un cambio de paradigma”

  • José María Gimeno Feliú, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Zaragoza e codirector do Observatorio de Contratación Pública

 

10.15 MESA REDONDA: “Igualdade de xénero e contratación pública. Medidas para levar a cabo unha xestión contractual desde a perspectiva de xénero”

  • Beatriz Belando Garín, profesora titular de Dereito Administrativo da Universidade de Valencia, acreditada como catedrática de Dereito Administrativo
  • Isabel Gallego Córcoles, catedrática de Dereito Administrativo da Universidade de Castela – A Mancha
  • Teresa Medina Arnáiz, profesora titular de Dereito Administrativo da Universidade de Burgos
  • MODERA: Eva Ovenza Pereira, técnica de Políticas de Igualdade e Políticas Públicas da Deputación Provincial da Coruña

11.15 MESA REDONDA: “A experiencia dos tribunais de contratación autonómicos e das entidades locais”

  • Elsa Marina Álvarez González, profesora titular de Dereito Administrativo e secretaria xeral da Universidade de Málaga. Vogal do Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais da Deputación de Málaga
  • Tomás Otero Ferreiro, presidente do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACGAL)
  • Pablo Seoane Cancelo, asesor técnico do Servizo de Contratación e Fomento da Deputación de Lugo
  • MODERA: Beatriz Méndez López, xefa de Sección de Contratación do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación Provincial da Coruña

12.15 a 12:45 PAUSA

12.45 MESA REDONDA: “O control da contratación pública e en especial os contratos financiados con fondos Next Generation"

  • Graciela Riveiro Moreira, secretaria-interventora do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña
  • Simón Rego Vilar, conselleiro do Consello de Contas de Galicia
  • Juan Bautista Suárez Ramos, interventor adxunto da Deputación Provincial da Coruña e vogal do Comité Antifraude da Deputación Provincial da Coruña
  • MODERA: Sofía Agrafojo Rey, técnica de xestión de proxectos da Deputación Provincial da Coruña.

 

13.45 CONFERENCIA: Medidas de loita contra a corrupción na contratación pública”

 Ricardo Rivero Ortega, catedrático de Dereito Administrativo e reitor da Universidade de Salamanca

14:30 a 16:30 DESCANSO

 16.30 CONFERENCIA: “As consecuencias da invalidez dos contratos públicos: entre a restitución e o enriquecemento inxusto” 

  • Tomás Cano Campos, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade Complutense de Madrid

 

17.30  CONFERENCIA: “A contratación  pública  desde  a  perspectiva  da  xurisdición contencioso- administrativa” 

  • Francisco       de      Cominges       Cáceres,       maxistrado      titular      do      Xulgado

Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra

 

18.30 MESA REDONDA: “Mesas de contratación,  comité de expertos/as e criterios de  adxudicación: cuestións prácticas”

 

  • José Carlos Castiñeira Piñeiro, secretario do Concello de Pontevedra
  • Federico Suárez Cancelo, secretario do Concello de Oroso
  • Javier Suárez García, xefe da Avogacía do Estado en Galicia
  • MODERA: Paulo López Porto, avogado e profesor do Máster Universitario en Avogacía e Procura da Universidade de Santiago de Compostela

 

19.30  CONCERTO de piano e violonchelo

 20.00   FIN DA PRIMEIRA XORNADA

                                                                            

MARTES, 2 DE ABRIL DE 2024 

9.00 CONFERENCIA: “A necesidade dunha maior implicación das administracións públicas na aplicación das políticas de igualdade de xénero"

  • Mª Soledad Agra Tuñas, deputada delegada especial en materia de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña

 

9.15 CONFERENCIA: "Responsabilidade extracontractual da  administración e do  contratista por danos a terceiros na  execución do  contrato" 

  • Eduardo Gamero Casado, catedrático de Dereito Administrativo da  Universidade  Pablo de Olavide.

 

10.00 CONFERENCIA: “Servizos locais ambientais e contratación” 

  • Juan José Pernas García, profesor titular de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña.

  

10.30 CONFERENCIA: "Medidas para potenciar a participación das persoas con discapacidade na contratación pública. Discapacidade e igualdade"

  • Virginia Carcedo Illera, secretaria xeral e directora de Transformación, Excelencia e Igualdade da Fundación ONCE

Premio Nacional de Discapacidade Raíña Letizia ao proxecto “Mulleres en Modo On, Violencia de Xénero

11.00 MESA REDONDA: “O empresariado ante a contratación pública. Como potenciar as PEME e os centros especiais de emprego de iniciativa social. Cara a unha mellora dos sistemas de revisión de prezos” 

  • Eugenia Calvo López, enxeñeira de camiños, canles e portos. Vogal da Asociación Clúster de Empresas de Enxeñería, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos de Galicia. (AGEINCO)
  • Herminio Martínez Lago, presidente da  Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego Sen Ánimo de Lucro (CEGASAL)
  • Mª Luz Rivas Díaz, enxeñeira de camiños, canles e portos e directora de zona de Prezero.
  • Patricia Sabín Díaz, profesora titular de Proxectos Arquitectónicos da Escola Técnica  Superior de Arquitectura da  Universidade  da Coruña.
  • Diego Vázquez Reino, presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción da Coruña (APECCO) e da  Federación Galega da Construción
  • MODERA: Daniel Beiras García-Sabell, arquitecto xefe do  Servizo de Arquitectura e Mantemento da  Deputación Provincial da Coruña

 

12.15 a 12.45  PAUSA

12.45 MESA REDONDA: “O contrato menor e o procedemento negociado. Sistemas de cooperación vertical e horizontal. Patrocinios”

  • Silvia Díez Sastre, profesora titular  acreditada como catedrática na Universidade Autónoma de Madrid
  • Alejandro Huergo Lora, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Oviedo
  • Diana Santiago Iglesias, profesora titular de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela 
  • MODERA: María Lauda Pan, xefa de Sección de Contratación do Servizo de Patrimonio e Contratación

 

13.45 MESA REDONDA: “Aspectos mellorables da contratación desde a perspectiva da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, OIRESCON e xuntas consultivas de contratación” 

 

  • Elena Barba Pan, secretaria da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia
  • Miguel Ángel Bolsa Ferruz, xefe de Área da Promoción da Competencia da Comisión Nacional dos  Mercados e a  Competencia  (CNMC)
  • Francisco Cano Molina, director da División de Regulación da Contratación Pública da Oficina Independente de Regulación e Supervisión da Contratación (OIRESCON)
  • MODERA: Manuela Lorenzo Rodríguez, técnica de administración xeral da Deputación Provincial da Coruña

14.45  a 16.45  DESCANSO

16.45    MESA REDONDA: "Como simplificar a contratación pública: claves xurídicas e  tecnolóxicas para axilizar a xestión burocrática" 

  • Concepción Campos Acuña, secretaria de administración local, codirectora da cátedra de Bo Goberno Local na Universidade de Vigo
  • Manuel J. García  Rodríguez, doutor investigador da Universidade de Oviedo
  • Patricia Iglesias Rey, letrada maior da Asesoría Xurídica do Consello de Contas de Galicia (en servizos especiais)
  • MODERA: Ana Quintas-Goyanes Penedo, xefa de departamento do Servizo de Patrimonio e Contratación

 

17.45 MESA REDONDA: “Contraste de experiencias do persoal funcionario responsable da contratación pública: cara a unha xestión máis eficaz, ética e dilixente. Como superar as dificultades e obstáculos do día a día”

  • Manuel Ángel Jove Losada, coordinador xeral da Área de Economía e Planificación Urbana do Concello da Coruña
  • Pilar Fernández Maroño, xefa do Departamento de Servizos e Subministracións do Servizo de Contratación do Concello da Coruña
  • Luís Jaime Rodríguez Fernández, xefe do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación Provincial da Coruña e presidente do Comité Antifraude da Deputación Provincial da Coruña
  • MODERA: Cristina Orgeira Fernández, xefa de departamento do Servizo de Patrimonio e Contratación

 

 

18:45 CONFERENCIA: "A igualdade como valor competitivo na  contratación pública”

  • Lucía  Rial Pampín, coordinadora do  gabinete técnico de Igualdade da  Confederación de Empresarios de Galicia

 

19.15 CONFERENCIA: “Contratación pública e urbanismo social” 

  • Santiago González-Varas Ibáñez, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Alacante

 

 20.15 CLAUSURA: “A política e a administración ao servizo da contratación pública”

  • Xosé Luis Penas Corral, deputado de Contratación, Patrimonio e Equipamento e presidente da Mesa de Contratación Permanente da Deputación Provincial da Coruña.

20.30  FINALIZACIÓN DO CONGRESO