Estás en:Contratación Normativa

Normativa

No proceso de preparación do contrato e coa fin de satisfacer as necesidades de interese público que se pretende con el, ten especial transcendencia a redacción dos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas, de tal modo que os licitadores e a administración coñezan de maneira clara os seus elementos integrantes (determinación do obxecto, prescricións técnicas, documentos a presentar, criterios de valoración, prazos de presentación e de execución, dereitos e obrigas das partes, orzamento, forma de pagamento, etc.)

Neste sentido a Deputación considera fundamental a participación dos interesados en condicións de igualdade e con total transparencia para que formulen aquelas propostas ou suxestións, ben aos pregos, á determinación dos elementos ou partes destes e noutros casos para a fixación do orzamento do contrato, coa fin de que o contrato sexa definido da forma máis axeitada ás condicións do mercado e ás necesidades da administración.

Por todo o exposto, creouse esta sección como canle de comunicación coas empresas e profesionais que voluntariamente queiran achegar as súas suxestións, que serán de uso interno para a administración provincial., que poderá utilizalas, se o estima oportuno, sen que tal uso xere ningún dereito ou compromiso.

A Deputación provincial gardará confidencialidade sobre as persoas físicas ou xurídicas que acheguen as suxestións.

Agradéceselle a colaboración prestada.