Colección José Mosquera Pérez "O vello dos contos"
Xosé Mosquera ou «O Vello dos contos» (M)
Xosé Mosquera Pérez (1895-1965) foi un profesor galeguista.
Dirixiu o grupo de teatro Cativezas dende 1923 ata 1925.
Entre 1932 e 1936 popularizou o seu personaxe «O vello dos contos» na emisora santiaguesa Unión Radio Galicia, coa que fixo campaña a favor do Estatuto de Galicia de 1936.
Durante a posguerra ocupouse de recuperar a figura de Rosalía e promoveu a creación da Fundación Rosalía da Castro, da que foi presidente.
En 1952 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega.
Consérvanse 1.264 obras da súa biblioteca, nas que hai un gran número de obras dedicadas por Ramón Cabanillas, Luis Seoane, Augusto Casas, Vicente Risco, Manuel Casás ou Francisco Fernández del Riego, entre outros.