Estás en:Biblioteca A Biblioteca Coleccións Colección de partituras e Arquivo Canuto Berea

Colección de partituras e Arquivo Canuto Berea

Canuto Berea (MGA)

Na biblioteca provincial consérvase unha das coleccións máis importantes do renacer musical galego, o Fondo Canuto Berea con máis de 27.000 partituras, manuscritas e impresas, que abarcan obras escénicas, sinfónico-corais, sinfónicas, para piano e cancións; unha pedra litográfica para a impresión de portadas de partituras; pranchas de chumbo para a edición de partituras; e un arquivo documental da empresa comercial da familia Berea.

Todo o fondo musical de Canuto Berea pódese consultar a través do noso catálogo.

Para saber máis: Catálogo de partituras del Archivo Canuto Berea en la Biblioteca de la Diputación de A Coruña de María Dolores Liaño Pedreira (3W/809/1-3)

Con motivo da homenaxe á celebración do 9º aniversario da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade, na praza das Bárbaras o día 27 de xuño de 2018, a Banda Municipal de Música de A Coruña dirixida por Juanjo Ocón, interpretou a Alfonsina, muiñeira sinfónica que Canuto Berea dedicou ao Rey Alfonso, revisada polo músico e investigador Nilo García Armas.

Vídeo da interpretación

 

Obras publicadas sobre o Arquivo musical Berea da Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña.

  • Alén, Mª Pilar: "El Fondo Canuto Berea: un acercamiento a su Archivo de documentación: correspondencia con E. Arana, J. Montes y A. Romero", en V Congreso de la Sociedad Española de Musicología. Madrid, 2001, pp.395-408
  • Alén, Mª Pilar: "Canuto Berea Rodríguez (1836-1891), impulsor de la actividad musical en Galicia", en Universitas : homenaje a Antonio Eiras Roel.- Santiago de Compostela : Universidade, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, 2002. ISBN: 84-9750-011-3(O.C.)
  • Alén, María Pilar: Historia da música galega : notas do século XIX .- Santiago de Compostela : Andavira, D.L. 2009. ISBN: 978-84-8408-540-9
  • Cancela Montes, B. & Cancela Montes, A.: La Saga Courtier en Galicia : la evolución del músico decimonómico .- Consorcio de Santiago; Alvarellos, 2013. ISBN: 978-84-89323-49-0
  • Capelán, Montserrat; Garbayo, Javier: "O universo musical de Andrés Gaos. 1874-1959", Exposición. Universidade Santiago de Compostela, 2019
  • Carreira, Xoán Manuel: "Sebastián Canuto Berea Ximeno y la Sociedad Musical Coruñesa : la familia Berea". -- Zaragoza : Institución "Fernando El Católico", 1986, pp.11-55.
  • Gómez Echemendía, S. & Cancela Montes, A.: Chané. O nacemento da Música Popular Galega (Compostela-A Coruña-A Habana). Prólogo de Xoán M. Carreira.- Santiago: aCentralFolque, 2017
  • Liaño Pedreira, María Dolores: Catálogo de partituras del Archivo Canuto Berea en la Biblioteca de la Diputación de A Coruña.- A Coruña : Deputación Provincial, 1998. ISBN 84-89652-57-0
  • Liaño Pedreira, Mª Dolores: "Fuentes para el estudio de la edición musical. El archivo Berea de la Diputación Provincial de A Coruña", en Imprenta y edición musical en España (ss.XVIII-XX), Begoña Lolo, José Carlos Gosálvez, eds. Universidad Autónoma de Madrid, AEDOM, 2012. ISBN:978848344312-5
  • López Cobas, Lorena: Los primeros pasos de una empresa editorial gallega: Canuto Berea Rodríguez (1836-1891) y su labor como intermediario y difusor editorial , en Imprenta y edición musical en España (ss.XVIII-XX), Begoña Lolo, José Carlos Gosálvez, eds. Universidad Autónoma de Madrid, AEDOM, 2012. ISBN:978848344312-5
  • López Cobas, Lorena: Historia da música en Galicia.- Sarria (Lugo) : Ouvirmos, 2013. ISBN: 978-84-941053-0-2
  • López-Suevos, B. & Martínez, R.: Eugenia Osterberger (Mme. Saunier). Una aportación femenina a la creación musical gallega, en Nalgures.- A Coruña: Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia, 2013, pp.149-229
  • López-Suevos, B. & Martínez, R.: Eugenia Osterberger : a compositora galega da Belle Époque 1852-1932 .- (incluye CD por Susana de Lorenzo).- Ourense : Ouvirmos, 2017. ISBN: 978-84-944008-6-5