A Deputación da Coruña ofrece unha programación anual con motivo do Día das Letras Galegas 2025
- Presentacións do Cancioneiro galego serodio 1989 – 2011 de Xabier Díaz nos meses de abril e maio en Trazo, Dodro, Carballo e Vimianzo.
- Concertos Efémeras de Cantometrics no mes de maio en Noia, Carballo e Ortigueira.
- Concertos de Zavala + Atalaias de Caión en outono.
- Concerto das pandeireteiras de Xacarandaina en Fisterra, Betanzos, San Sadurniño e Arteixo.
- Concertos polo 25 aniversario de Donaire en Mazaricos, Melide, As Pontes, Teo e Ribeira.
- Proxección do documental Lévame a idea de Navíos e folerpas en 10 concellos por determinar.
- Representacións teatrais de Tanxarina + A Biblioteca Galáctica Contra a IA Fantástica en Rois e Cabana de Bergantiños.
- Contacontos ilustrados e musicados da obra Cantareiras. Poesía popular nas letras galegas para nenos e nenas de infantil e primaria.
- Presentación do Manual de Boas prácticas para o marco legal e de xestión da música de tradición oral.
- Adquisición dos libros Pandereteiras de Mens (Beatriz Busto Miramontes); Cancioneiro galego serodio 1989 – 2011 (Xabier Díaz) e A biblioteca Galáctica contra a IA Fantástica (Carlos Labraña) para repartir en diferentes puntos da provincia.