Estás en:Lingua Festival Rosalía

SEN POMBAS NIN FLORES

21 febreiro, A Casa Rosalía - Padrón

22 e 23 febreiro, Praza Mazarelos, Teatro Principal e Colexio maior de Santo Agostiño - Santiago de Compostela



PROGRAMA

Todas as actividades son de balde até completar aforo.

Para o concerto de Tres Pesos e a obra teatral Rosalía será será preciso recoller convites na feira da Praza de Mazarelos e validalos no despacho de billetes do Teatro Principal. Tamén se repartirán no propio teatro dende unha hora antes do comezo destes espectáculos sempre que existan aínda localidades dispoñibles

Venres 21/02 | Padrón

  • 17.00 h - Visita guiada para crianzas á Casa Rosalía, con Anxo Angueira. Prazas limitadas. Fretarase un autobús desde Santiago con saída ás 16.30 h das dársenas do Colexio La Salle. Inscrición ( visita ou autobús e visita) i.gal/VisitaRosalia

Sábado 22/02 | Santiago de Compostela

Praza de Mazarelos

  • 11.00 h | Apertura da feira de produtos rosalianos e do obradoiro de maquillaxe (con Acontravento, Árbore Azul, Casperolota Atelier, Coas mans artesanía, Cuire Acuarelas, Egretta Biloba, I3D Deseño galego e Libraría Pedreira)

  • 11.30 h | Pasarrúas Rosaliano – Con Os Quinquilláns

  • 12.00 h | Obradoiro de regueifa para familias e mostra de improvisación – Co Regueifa Tour e Manolo Maseda e Séchu Sende, do Projeto Regueifesta.

  • 13.45 h | Sesión Vermú – Co Coro Encaixe

  • 14.30 h – 16.30 h | Peche e reapertura da feira

  • 17.00 h | Presentación do colectivo Somos Pandeireteiras

  • 18.30 h | Recital poético – con Anxo Angueira, Nuria Vil e Andrea Nunes - e presentación do libro Cantares Miúdos – con Anxo Angueira. Presentación de Rosalía Oculta con Paula Mayor.

  • 20:00 h | Peche da feira

Teatro Principal

  • 20.00 h | Concerto – Tres Pesos

Domingo 23/02 | Santiago de Compostela

Praza de Mazarelos

  • 13.30 h | Apertura da feira de produtos rosalianos e dos xogos populares (con Acontravento, Árbore Azul, Casperolota Atelier, Coas mans artesanía, Cuire Acuarelas, Egretta Biloba, I3D Deseño galego e Libraría Pedreira)

  • 14.00 h | Sesión vermú – Con Clo Plas

  • 16.00 h | Quizz Rosaliano para toda a familia

  • 17.00 h | Rosalía de castro, como cor de ouro pálido – Obra multidisciplinar con Rafa Fernández, Lara Dopazo e Iván Torres.

  • 18.00 h | Peche da feira

Colexio maior de Santo Agostiño

  • 16.00 e 17.15 h | A Primavera vai chegar – Diálogo a tres voces con Faia Díaz, Paula Romero e Inés Salvado.

Teatro Principal

  • 18.30 h | Teatro – Rosalía. Dirixida por Fina Calleja, con Cris Collazo e Rocío González.