Linguateca
- Ethnologue ofrece información sobre a situación das 6.912 linguas do mundo. Ethnologue
- Mapa de recursos lingüísticos Centros para a aprendizaxe do éuscaro, galego e catalán
No marco do Protocolo de colaboración existente entre os departamentos de política lingüística dos gobernos de Galicia, Euskadi e Cataluña elaborouse esta aplicación na que os usuarios que o desexaren poderán procurar aqueles centros de aprendizaxe do éuscaro, do galego e do catalán que existen no Estado español fóra dos territorios nos que estas linguas son propias. Trátase dunha ferramenta sinxela, con xeolocaliación, na que se indican lugares, centros e datos de contacto.
Mapa sociolingüístico de Galicia
Desde o ano 1990, o Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega desenvolveu diversos e ambiciosos proxectos para a análise e o coñecemento da situación da nosa lingua que permiten deseñar e aplicar medidas de actuación axeitadas á realidade. Entre os diferentes estudos, é salientable o Mapa Sociolingüístico de Galicia (MSG), que consta de tres volumes: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia (1994), Usos lingüísticos en Galicia (1995) e Actitudes lingüísticas en Galicia (1996). Máis recentemente, levouse a cabo unha actualización do traballo e hoxe contamos con tres volumes do Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004:
Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. V. I [7,4 Mb]
Usos lingüísticos en Galicia. V. II [2,7 Mb]
Actitudes lingüísticas en Galicia. V. III [18 Mb]
Neste separador ofrecemos recursos de diversa índole que, nun determinado momento, poden ser de utilidade ou, simplemente, satisfacer a nosa curiosidade sobre algún aspecto da lingua.
- Enquisa de condicións de vida das familias. Ano 2013. Inclúe, entroutras variables, os datos máis recentes referidos a coñecemento e uso do galego, publicados polo Instituto Galego de Estatística.
- Loia.org Guía aberta da lingua galega
- Linguas, sociedade e políticas. Un debate multidisciplinar. O presente volume recolle os relatorios presentados ao longo da xeira de xuntanzas que baixo o rótulo ‘Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia’ foi organizada conxuntamente pola Sección de Lingua, Literatura e Comunicación e a Sección de Pensamento e Sociedade do Consello da Cultura Galega. O devandito seminario, coordenado por quen asina estas liñas introdutorias, desenvolveuse entre decembro de 2009 e xuño de 2010 ao longo de catro sesións de traballo. Colaboraron na elaboración do programa os profesores Ramón Máiz Suárez e Víctor Fernández Freixanes e correron a cargo da secretaría da organización Håkan Casares Berg, Susana Mayo Redondo e Rosario Pérez Magdalena. Asistiron regularmente ás sesións preto dun cento de persoas -investigadores, profesionais, activistas e público xeral-, boa parte das cales interviñeron activamente nos vivos debates que se trabaron arredor dos relatorios presentados.
Na xustificación da iniciativa que acompañou o programa impreso sinalábase: «A amplitude e intensidade que están adquirindo os debates sobre a lingua no noso país, e moi particularmente a súa relevancia política, levounos a considerar a necesidade dun foro de reflexión sobre a situación sociolingüística de Galicia, a súa evolución recente e as fórmulas desexables para o futuro, tendo en conta o marco estatal español e o ámbito luso-brasileiro, cos que sen dúbida mantemos unha estreita relación». En efecto, pretendiamos favorecer un diálogo interdisciplinar, convidando para tanto a especialistas do ámbito da politoloxía, o dereito, a economía, a socioloxía, a educación, a comunicación e a xestión cultural ademais da sociolingüística, obviamente, e interpelando profesionais de distintas áreas relacionadas co idioma, desde a docencia e a investigación ata as industrias da cultura, pasando polo xornalismo e a planificación e a dinamización lingüísticas. - A sociedade galega e o idioma A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003). A Comisión Técnica de Lingua e Sociedade do Consello da Cultura Galega ofrece nesta publicación unha radiografía actualizada e profunda da situación do galego. Este achegamento realízase mediante unha análise en profundidade dos datos da Enquisa de Condicións de Vida das Familias de 2004 (Instituto Galego de Estatística) e unha comparación dos resultados cos publicados once anos antes no Mapa Sociolingüístico de Galicia.
- O idioma galego na sociedade. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2008). Esta publicación analiza a situación sociolingüística e as expectativas e os cambios que adoitan acompañala e, en boa medida, condicionala. Complementando a publicación previa, A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992 -2003), nesta ocasión recóllense, ademais, os datos da Enquisa de condicións de vida das familias e o seu módulo específico «Coñecemento e uso do galego», incluído no Plan galego de estatística 2002-2006 do Instituto Galego de Estatística, ao que debo agradecer a súa sincera colaboración institucional.
- Cartografía dos apelidos de Galicia. A Cartografía dos apelidos de Galicia (CAG) é un proxecto do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela que constitúe unha ferramenta para coñecer a difusión territorial dos apelidos de Galicia. Esta ferramenta sérvese dun sistema de información xeográfica que combina a estatística e a análise espacial. A páxina facilita información acerca do número de apelidos que se rexistra en cada concello sobre a porcentaxe de apelidos do mesmo, tendo en conta o número total de apelidos. A información que proporciona a CAG actualízase con regularidade con novas achegas e resulta útil non só para o interese persoal, senón para a investigación en múltiples disciplinas como dialectoloxía, sociolingüística, demografía ou xenealoxía.
- A lingua das novas. O informe analiza a situación lingüística dun dos actores sociais que máis podería ter contribuído á impulsión e consolidación do proceso de normalización lingüística do galego –os medios de comunicación– e que, por diversas causas, continúa a ser practicamente monolingüe na actualidade.
O estudo é froito do traballo dun grupo de investigación que iniciou o estudo no ano 2002. Mediante o emprego de técnicas de investigación cuantitativas e cualitativas obtivéronse datos e análises non só dos hábitos lingüísticos dos medios de comunicación impresos e audiovisuais na Galicia actual senón, ademais, das actitudes e reflexións dos seus protagonistas –xornalistas e directores de medios de comunicación– e outros analistas da situación –lingüistas, sociólogos, economistas, filósofos... Pretendíase non só coñecer a lingua actual dos medios de comunicación, senón tamén as causas e consecuencias de que outra realidade posible non exista. - Lingua, sociedade e medios de comunicación en Galicia. Este traballo ten como obxecto de estudo a presenza da lingua galega nos medios de comunicación de Galicia e da diáspora galega. No ano 2000 o Consello da Cultura Galega decidiu abordar un proxecto de avaliación das políticas lingüísticas galegas durante o período autonómico, dirixido por Henrique Monteagudo e o recentemente desaparecido Xan Bouzada. Daquela frutífera colaboración xurdiron tres volumes dentro do que se deu en chamar O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). O presente traballo completa as publicacións do proxecto, aínda que o período estudado é máis amplo. Os resultados pretenden introducir claridade nun espazo que foi tradicionalmente moi polémico para a militancia lingüística, os responsables políticos, así como para os produtores, editores, profesionais e, en xeral, para todo os actores do ámbito.
- A(s) lingua(s) a debate. Inquérito sobre opinións, actitudes expectaticas da sociedade galega. As actitudes lingüísticas son as opinións, ideas e prexuízos que teñen os falantes con respectoa unha lingua. Tradicionalmente, en Galcia considerábase que o galego era unha lingua que non servía para certas cousas ou que era unha lingua que non se lles debía aprender aos cativos. Cos anos, as actitudes foron mudando e cada vez é máis difícil atopar manifestacións abertamente hostís cara o galego. O presente traballo pretende elaborar unha descrición e análise actualizada das actitudes lingüísticas dos galegos a partir dunha enquisa que se centra nos aspectos máis relevantes das opinións que os galegos teñen sobre a súa lingua, así como ofrecer algunhas pistas que completen unha análise actualizada e exhaustiva da situación sociolingüística de Galicia.
- Análise da acción en política lingüística no ámbito municipal nos últimos anos. O presente informe, centrado, como sinala o seu título, na Análise da acción en política lingüística no ámbito municipal nos últimos anos, foi elaborado por encargo da comisión técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega, dentro das actividades deste Centro. A elaboración do Informe correu a cargo de Concepción Cochón Rodríguez, Valentín García Gómez e Nel Vidal Barral, tres persoas que teñen unha longa e intensa traxectoria de traballo en normalización lingüística no ámbito municipal, membros activos da devandita comisión técnica.
Os restantes membros da comisión técnica do CDSG (Manuel Bermúdez Blanco, Agustín Fernández Paz, Susana Mayo Redondo, Xoán Rivas Cid, Goretti Sanmartín Rei e Henrique Monteagudo) colaboraron na xestación, discusión e revisión final do texto. A importancia do ámbito municipal para as accións de promoción do idioma é difícil de esaxerar. As administracións municipais son as máis próximas á cidadanía, as que teñen maior incidencia na vida local e aquelas coas que os veciños e veciñas teñen un trato máis asiduo.
O traballo que presentamos é unha mostra acabada do impecable rigor técnico con que o devandito colectivo e cada un dos seus membros afrontan as tarefas que eles mesmos marcan, un rigor que apenas consegue disimular a paixón polo idioma que latexa por detrás da súa enteira traxectoria de servizo público. - O proceso de normalización lingüística do idioma galego (1980-2000). V.I: Análise e perspectivas. Primeiro volume da serie “O proceso de normalización lingüística do idioma galego (1980-2000)”, que analiza o marco legal do noso idioma e as iniciativas políticas sobre o galego nos últimos vinte anos.
- O proceso de normalización lingüística do idioma galego (1980-2000): V.II: Educación. A Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega presenta o segundo volume do seu informe sobre o proceso de normalización do idioma galego.
Trátase dun estudio promovido polo Consello da Cultura Galega, a través da súa Sección de Lingua, con vistas a que a propia institución elabore recomendacións relativas ás políticas públicas de promoción do idioma galego. O noso proxecto foi emprendido a finais de 1998, e será culminado ó remate de 2002, coa publicación dos seus resultados en catro volumes, dos cales o presente é o segundo. - O proceso de normalización lingüística do idioma galego (1980-2000). V.III: Elaboración e difusión da lingua. Coordinado por Henrique Monteagudo e Xan Bouzada, o proxecto "O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000)" é unha análise cualitativa e global das políticas lingüísticas autonómicas e o seu impacto no prestixio, coñecemento e uso da lingua. A presente achega está dedicada á análise da elaboración e da difusión da lingua neste período.
- A lingua galega no ámbito empresarial: usos e representacións sociolingüísticas. Tese de doutoramento que investiga a situación da lingua galega no ámbito empresarial galego (2005)
- Outras publicacións de interese na Mediateca do Consello da Cultura Galega
- DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA