Mostra bibliográfica: Viaxeiros ao tren. 50 aventuras sobre raís
O tren e o cine son dous poderosos medios de comunicación e isto convérteos nos grandes educadores que ampliaron e enriqueceron os nosos horizontes culturais dende finais do século XIX. No verán de 1895 os irmáns Lumiere, Louis e Augusto tiñan a punto un novo invento: o cinematógrafo, máquina capaz de filmar e proxectar imaxes en movemento.
Todo empezou cando Louis levou a súa cámara á plataforma dunha estación, para impresionar un rolo de película coa chegada do tren que viña de Marsella. O que captou foi a chegada do tren a estación e os viaxeiros baixando e subindo dos vagóns e camiñando pola plataforma.
A primeira proxección pública tivo lugar en decembro dese mesmo ano. Cóntase que ao comezar a proxección da película, algunas persoas puxéronse de pé aterradas crendo que a locomotora lles viña enriba. A partir dese momento, os trens non deixaron de circular polas pantallas de todo mundo. Persoas que se apaixonaban coas posibilidades do novo artefacto, conseguían unha cámara fabricábana eles mesmos, e inspirábanse nos motivos que vían nas proxeccións das películas dos irmáns Lumiere. Así, cineastas como Georges Méliès ou Edwin S. Porter, conseguiron abrir horizontes, desenvolver novas técnicas e inventar novas formas de expresión que ían sentar as bases do chamado arte do s. XX.
Nesta guía titulada "Viaxeiros ao tren" presentámosvos 50 aventuras sobre raís, dispoñibles na sala Fonoteca e na sala Infantil -Xuvenil da Biblioteca.
Desfrutade!!
Guía de lectura da mostra: Viaxeiros ao tren. 50 aventuras sobre raís. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Visitable no vestíbulo da Biblioteca en horario de apertura da mesma: de luns a venres de 8:30 a 20:30 h, e sábados de 9:00 a 14:00 h.