Estás en:Novas

#25N: De Fronte contra a Violencia de Xénero

#25N: De Fronte contra a Violencia de Xénero
  • Dende a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña unimonos á campaña #DeFronte en contra da Violencia de Xénero da Área de Igualdade da Deputación da Coruña  coa actualización da Guía de Lectura contra a Violencia de Xénero na que podedes ver algúns dos   materiais dispoñibles nas distintas seccións da Biblioteca e tamén relacionados coa temática  na #Ebibliodacoruna: Guía de lectura violencia de xénero
  • Na #ebibliodacoruna recomendamos o carrusel #25N en contra da violencia de xénero
  • E no #BDRecomenda semanal tamén escollemos a temática para dar a maior visibilidade a campaña. Podedes ver os videos o xoves 25 de novembro nas nosas redes sociais.
  • E o 25 de novembro no horario de apertura da biblioteca con cada préstamo agasallarémoche con material promocional da campaña #defronte ( pulseras, marcapáxinas, pegatinas) ata esgotar as existencias.
Todos os recursos físicos podes consultanos no catálogo da biblioteca https://www.dacoruna.gal/biblioteca e os recursos dixitais na biblioteca dixital https://ebibliodacoruna.odilotk.es/ Todas as actividades da Deputación da Corula  en https://defronte.gal/actividades/#25N#defronte Toda a información:  https://defronte.gal