Estás en:Novas

Nova lectura no club dixital: Virtudes ( e misterios) de Xesús Fraga

|EBIBLIODACORUNA CLUB LECTOR|
Dende hoxe  xa podes unirte á lectura da obra «Virtudes e misterios» de Xesús Fraga, Premio Nacional de Narrativa 2021

Nova lectura no club dixital: Virtudes ( e misterios) de Xesús Fraga

  Desde o propio club de lectura dixital podes prestar o libro e comentar, citar ou chatear co resto de participantes.

  1.  Entra no   https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es/#!/
  2. Identifícate coas claves da EBiblioDaCoruna
  3. Entra na sala Arredor dos libros ( que é o club de lector en lingua galega)
  4. Presta o libro dentro do apartado Contido.
  5. Disfruta da lectura e comenta e comparte cos teus compañeiros.
  6. O vindeiro 14 de xuño, AS 20:00 h.  como remate de lectura  poderás participar no encontro dixital co autor a través da plataforma Meet.
  7. Se tes dúbidas ou non coñeces o EbiblioDaCorunaClub tes toda a info AQUÍ

  Sinopse

Virtudes (é misterios) é unha novela da memoria, a historia da súa familia, unha "crónica de nós"; pero sobre todo á historia de dúas mulleres: a súa avóa, cuxo nome da título ao libro e a súa su nai. Mais tamén é a historia de Galicia, da Galicia emigrante. E aínda que as mulleres sexan o foco da historia, esta comeza pola decisión que toma o seu avó de emigrar a Venezuela deixando en Galicia á súa muller e as tres fillas: "Durante años no solo no envió nada, sino que se desvaneció la comunicación, y pese a que mi abuela hizo lo posible por reunificar la familia, ofreciéndose a ir a su encuentro, él no quiso. Ella se convenció de que era un abandono y se fue a Londres sin saber el idioma y falsificando la firma de mi abuelo, necesaria en el franquismo para que una mujer pudiera tomar cualquier decisión". Combina diversos xéneros como a biografía,a novela, a crónica ou o diario: "La idea es hacer una novela sin ficciones, una novela de hechos reales. Está tratado como una novela, como una pieza literaria, pero el material es biográfico y autobiográfico".

Virtudes (e misterios) obterá o Premio Blanco Amor 2019 e Premio Nacional de Narrativa 2021 «por mostrar con una prosa muy cuidada, en el fondo y en la forma, la historia de dos generaciones de mujeres valientes de una familia en tiempos hostiles, y adentrarnos en un relato sobre la emigración gallega en Inglaterra y América». «Con esta novela contemplamos la inmigración, con sus claros y oscuros, desde sus dos orillas, la de los que se van y la de los que se quedan y también desde el punto de vista de los que viven a caballo entre dos mundos»

  Pequena biografía do autor

Xesús Fraga nace en Londres onde os seus pais emigraran seguindo o camiño que anos antes abrira a ávoa Virtudes. "Yo nací en Londres y viví allí los primeros cinco años de mi vida. Luego volví con mis padres para Betanzos, de donde es originaria mi familia. Durante todo ese tiempo, viví entre la cultura española y la británica." Licenciado en Periodismo na Universidade de Salamanca onde tamén realizou estudos de Filoloxía Inglesa. Redactor de La Voz de Galicia desde 1997. Como escritor abordou diferentes xéneros desde o relato con títulos como "A-Z", a novela "Solimán" ou a narrativa xuvenil con O elefante branco. Tamén destaca a súa labor de traductor de autores como Julian Barnes, Vladimir Nabokov ou Sylvia Plath. Súa é a tradución ao castelán de Virtudes e(misterios): "Al leer las dos versiones te das cuenta de son dos libros completamente distintos siendo la misma historia".