Estás en:Novas

As mulleres ocupan os postos de cabeza na segunda edición do Circuito de Golf Tur 43, que se celebrou en Ames

A final foi disputada polas persoas gañadoras das diferentes probas clasificatorias que se foron celebrando ao longo do ano en diferentes campos de golf Galicia, Asturias, Euskadi e Portugal

As mulleres ocupan os postos de cabeza na segunda edición do Circuito de Golf Tur 43, que se celebrou en Ames

Blas García participou na entrega de premios

O Real Aeroclub de Santiago, en Ames, acolleu hoxe a final do II Circuíto de Golf TUR 43, que durante case cinco meses percorreu, na súa fase clasificatoria, diferentes campos de golf de Galicia, Asturias, Euskadi e Portugal.

Esta iniciativa amateur, cuxo obxectivo, foi promover a oferta turística e gastronómica dos diferentes emprazamentos que acolleron a celebración do seu cinco probas clasificatorias, contou cuns 700 participantes desde que iniciou a súa andaina no mes de xuño. Á vez que se disputaba a gran final, o Real Aeroclub de Santiago acolleu tamén unha proba paralela aberta a todos os socios deste campo interesados en participar e tamén a aqueles que acompañaron aos finalistas.

Tras a final, que disputaron 20 xogadores, tivo lugar no Hotel Oca Porta do Camiño de Santiago de Compostela a entrega de premios, un acto no que participaron o alcalde de Ames e responsable de Promoción Económica na Deputación da Coruña, Blas García a directora de Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, José Luís Cabarcos, o, e o concelleiro de Turismo de Ames, Manuel Lens.

A final foi disputada polas persoas gañadoras das diferentes probas clasificatorias que se foron celebrando ao longo do ano en diferentes campos de golf Galicia, Asturias, Euskadi e Portugal

Blas García afirmou que "é moi importante para un municipio contar cun campo de golf no seu territorio" porque axuda a atraer turistas. Ao mesmo tempo, puxo en valor os principais activos turísticos do Concello de Ames e citou, entre eles, que é un territorio atravesado por tres itinerarios xacobeos distintos. Finalmente, felicitou á organización de TUR 43 polo traballo de organización realizado en torno ao circuíto desde o seu dobre papel como alcalde de Ames e como deputado de promoción económica da Deputación da Coruña.

Pola súa banda, Nava Castro puxo en valor Galicia como destino turístico, sinalando que é un territorio con máis de 1.700 quilómetros de costa, 16 rías, 880 praias ou sete parques naturais. Ao mesmo tempo, congratulouse de que o Circuíto de Golf TUR 43 non só axude a promocionar a España Verde, unha tarefa na que as administracións das autonomías que a conforman levan 30 anos traballando, senón que tamén se incluíu a Portugal como destino para celebrar unha das probas da competición.

Gañadores
Nesta edición do circuíto, as primeiras posicións foron ocupadas por mulleres. Así, a primeira clasificada en primeira categoría foi Beatriz Corbacho Esteban, do Real Club de Golf A Toja, con 34 puntos. A continuación, a persoa mellor clasificada en segunda categoría foi Isabel Puga González, do Real Club

de Golf da Coruña, con 32 puntos. O mellor sénior foi Benjamín Rivella Chipel, de Golf As Caldas, con 33 puntos, e a mellor dama Bárbara Polzot, do club portugués Aroeira Pines Classic, con 29 puntos.

Doutra banda, no torneo paralelo que se celebrou ao amparo desta competición, resultou gañador en primeira categoría Xullo Carril Rial, con 38 puntos, e o primeiro clasificado en segunda categoría foi José Paz Abelenda, con 44 puntos.

En canto aos premios especiais, resultaron gañadores Raymond Chapell (mellor drive masculino foxo 18); Ángela García García (mellor drive feminino foxo 12); Bárbara Polzot (mellor approach foxo 2) e Francisco Javier Rodríguez Méndez (mellor approach foxo 9).