Estás en:Novas

O coworking do Pazo de Arenaza organiza unha serie de actividades no marco da European Freelancers Week

Mañá terá lugar o evento "Catro aprendizaxes para freelancers", no que catro relatores achegarán a súa experiencia e aprendizaxe

O Open Coworking permitirá realizar unha experiencia inmersiva de traballar nun espazo de traballo colaborativo como é o coworking do Pazo de Arenaza

O coworking do Pazo de Arenaza organiza unha serie de actividades no marco da European Freelancers Week

O coworking do Pazo de Arenaza celebra a European Freelancers Week ao longo desta semana organizando unha iniciativa de "Open Coworking" e o evento "Catro aprendizaxes para freelancers".

Durante esta semana, Arenaza acolle eventos que procuran crear conexións, colaboracións e sinerxías, así como abordar casuística común no sector freelance. Esta iniciativa ten por obxecto xerar recoñecemento do valor que as persoas freelancers aportan á economía e á sociedade, así como o seu papel na creación do futuro do traballo, facilitar a creación de comunidades e a conexión entre freelancers mediante iniciativas e colaboración ascendentes, mellorar as condicións para o traballo e os traballadores independentes, mediante a aprendizaxe, o intercambio, o traballo en rede e a acción política, así como destacar os retos aos que se enfrontan estes emprendedores, así como amosar as solucións que están á vangarda do futuro do traballo e mostrar os ecosistemas internacionais de freelance.

O Pazo de Arenaza participará nesta iniciativa a través dun "Open Coworking" ao longo de toda a semana e do evento "Catro aprendizaxes para freelancers", que terá lugar o xoves 20 de outubro.

O "Open Coworking" permitirá a calquera persoa interesada utilizar un módulo de traballo colaborativo no coworking do Pazo de Arenaza ata o 21 de outubro para así coñecer de primeira man a experiencia de ser un coworker.

Mañá 20 de outubro ás 10 da mañá celebrarase neste coworking o evento "Catro aprendizaxes para freelancers", no que catro relatores darán a coñecer a súa experiencia e aprendizaxe no entorno freelance: Lorena Fernandez, consultora de negocio, formación e RR.HH., falará do momento e as razóns polas que decidiu deixar o seu traballo e dar o salto ao mundo freelance; Pedro J. Plasencia, fundador da comunidade Programación en Español, falará sobre o contido, profesión e xestión do tempo ao ser Freelancer e creador de contido; Carmen Delia Díaz, fundadora de Escapalandia.com, e experta en turismo, compartirá a súa experiencia conciliando a maternidade co mundo freelance; e Ana Belén Muñiz Vera, xestora de empresa e formadora, dará as claves para coñecer o momento oportuno para pasar de ser persoa freelance/autónoma a empresa.

Este evento será presencial no Pazo de Arenaza, se ben será retransmitido en liña.

Para poder asistir, en calquera das dúas modalidades será precisa a inscrición previa na páxina web: https://arenaza.pel.gal/events

O espazo de traballo do Pazo de Arenaza, que forma parte da Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña, pretende mellorar o tecido freelancer e autónomo da contorna a través de iniciativas como estas, ofrecendo eventos completamente gratuítos nos que as persoas emprendedoras fórmanse á vez que melloran as súas conexión profesionais.

Pode atopar máis información sobre a Rede Provincial de Coworking en: https://redecoworking.pel.gal/