Estás en:Novas

Formoso felicita a Miguel Ángel Cadenas polo seu ingreso como académico numerario da Real Academia Galega de Xurisprudencia

Formoso felicita a Miguel Ángel Cadenas polo seu ingreso como académico numerario da Real Academia Galega de Xurisprudencia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou onte, martes 18 de outubro, no acto de toma de posesión de Miguel Ángel Cadenas como académico numerario da Real Academia Galega de Xurisprudencia.

A sede da institución, situada na cidade da Coruña, foi o lugar onde o maxistrado ourensán, que foi presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tomou posesión como académico de número, cun discurso en defensa do dereito á eutanasia que foi contestado polo actual presidente da Real Academia, José Luis Seoane Spiegelberg.

Autor de numerosas publicacións en diversas revistas e relatorios nas tres universidades galegas e outras institucións, Miguel Ángel Cadenas xubilouse o 11 de abril de 2019, tras 45 anos de carreira xudicial.