Estás en:Novas

Valentín González Formoso e Adrián Barbón abordan os ‘retos comúns’ de Galicia e Asturias

A loita contra o envellecemento da poboación, as melloras nas conexións ferroviarias e os problemas da enerxía foron os principais temas tratados.

A xuntanza tivo lugar no pazo provincial aproveitando a estadía de Adrián Barbón en Galicia durante estes días.

Ambas entidades destacaron a 'relación histórica de irmandade' entre as comunidades.

Valentín González Formoso e Adrián Barbón abordan os ‘retos comúns’ de Galicia e Asturias

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, recibiu esta tarde no pazo provincial ao presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón, que se atopa estes días en Galicia polas celebracións realizadas polo Centro Asturiano na cidade herculina.

A loita contra o despoboamento, as melloras nas conexións ferroviarias e os problemas da enerxía foron os principais temas tratados. Uns 'retos' que ambos dirixentes vén cunha visión común.

Formoso comezou o acto cunhas verbas emotivas, sinalando que "Asturias é unha comunidade irmá, veciña" que afronta uns retos similares aos dos galegos e que poden ter solución se "todos os que temos algo que achegar á sociedade, que nos preocupamos polo benestar dos veciños e veciñas, traballamos en rede".

Unha rede moi necesaria cando se fala da zona do noroeste peninsular por ser "unha rexión que ten demandas conxuntas, tanto no ámbito da financiamento autonómica como no ámbito enerxético", facendo fincapé nas "necesidades en infraestruturas para conectarnos con Europa no ámbito ferroviario, principalmente, debendo concretar o corredor de Portugal". Formoso e Barbón abordaron tamén o escenario enerxético actual. Neste eido o presidente da Deputación destacou o papel de liderado de Galicia e Asturias como "parte da solución que España e Europa necesitan".

Adrián Barbón, tamén abordou o reto da substitución das fontes de enerxía tradicionais lembrando o seu papel como expresidente da asociación de comarcas mineiras de España. 'Tenemos la necesidad de afrontar una transición energética justa, en primer lugar, con los territorios y, en segundo lugar, con las necesidades que tenemos en estos momentos".

Unhas circunstancias que empeoran coa chegada do inverno e, sobre todo, cos prezos. "Se acerca el invierno y es una situación preocupante", afirmou Barbón, que ven fundamental que "desde los gobiernos, tanto las diputaciones provinciales como los ayuntamientos y autonomías, protejamos a las personas".

Outro dos retos que están sobre a mesa é o envellecemento da poboación. Barbón expuxo que en Asturias hai unha aposta moi forte por ver como son capaces de fomentar a natalidade tendo en conta o "elevado desfase" entre nacementos e defuncións. Unha poboación, engadiu o presidente asturiano, que "vive más sobre todo gracias a las políticas sanitarias y al crecimiento del Estado de Bienestar".