Estás en:Novas

Formoso felicita as persoas gañadoras dos Premios da Crítica de Galicia

O presidente asistiu en Vigo á entrega dos galardóns, que reuniron a persoas de distintos ámbitos da vida social, política e cultural de Galicia

Manuel Rivas, Ugía Pedreira, Cova Eirós, Xavier Madriñán, Mónica Alonso, Atalante, Nevermore de Chévere e María Varela foron as persoas gañadoras nas diferentes categorías

Formoso felicita as persoas gañadoras dos Premios da Crítica de Galicia

Manuel Rivas, Ugía Pedreira, Chévere ou a Cova Eirós son algunhas das galardoadas persoas este ano cos Premios da Crítica de Galicia, que se desvelaron este sábado nun acto celebrado na sede de Afundación en Vigo.

Baixo a lema 'Galicia é infinda', do poeta Florencio Delgado Gurriarán, xuntáronse trescentas persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural da comunidade, para presenciar este fallo. Entre eles, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que felicitou as persoas gañadoras "dunha das grandes citas da cultura de Galicia.

No transcurso do acto, que foi conducido pola escritora Ledicia Costas, Bieito Ledo, presidente e fundador dos Premios da Crítica de Galicia, fixo un percorrido pola memoria desta iniciativa pioneira organizada en Vigo desde hai 45 anos.

Desde comezos do mes de outubro, as 56 persoas compoñentes dos oito xurados traballaron e ditaminaron de forma virtual sobre as propostas presentadas libremente por editoras, produtoras e outras entidades culturais.

En concreto, na modalidade de creación literaria, o elixido foi o escritor Manuel Rivas por 'O que fica fóra', mentres que Xavier R. Mariñán fíxose co de investigación, por 'A figuración galega en Irlanda'.

O premio de iniciativas culturais e científicas foi para a investigación do paleolítico das serras orientais na Cova Eirós e o de cultura gastronómica para María Varela, cociñeira da parada das Bestas.

Finalmente, Ugía Pedreira fíxose co premio de música, Mónica Alonso co de artes plásticas, Chévere co de artes escénicas e Atalante co premio de cinema e artes audiovisuais.