Estás en:Novas

A Deputación colabora na difusión do papel da enxeñaría civil na xestión sustentable dos concellos de menos de 20.000 habitantes

O pasado 16 de novembro participou nun acto no Concello de Cee a través da Oficina Next Generation

O evento forma parte de seis encontros en diferentes concellos da provincia, coa intención de estendelo ao resto de municipios e a diferentes asociacións empresariais

A Deputación colabora na difusión do papel da enxeñaría civil na xestión sustentable dos concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación da Coruña, a través da Oficina Next Generation, participa na campaña de difusión sobre o papel da enxería civil na xestión sustentable dos concellos de menos de 20.000 habitantes.

O pasado 16 de novembro de 2002, tivo lugar no Concello de Cee un acto de difusión no marco da campaña de comunicación que realiza o Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras públicas (CITOP), coa colaboración da Deputación da Coruña.

No evento participou Emilia Trillo, concelleira de Servizos Sociais do Concello de Cee, xunto coa directora da Escola ETSCCP da Coruña, o secretario e a vogal pola provincia da Coruña do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas, o director executivo de Red Mundo Atlántico, membros da Oficina Next Deputación A Coruña, e un experto de sustentabilidade de Comparte Marketing Social.

Esta campaña ten como obxectivo poñer en valor o papel da enxeñería civil no marco da política pública, cunha edición centrada na explicación das competencias do perfil profesional de enxeñería civil de cara á transformación sostible da sociedade, así como as oportunidades de captación de fondos para empresas e concellos nese ámbito.

O evento forma parte de 6 encontros por diferentes concellos da provincia da Coruña, coa intención de estendelo ao resto de entidades locais, así como tamén a diferentes asociacións empresariais.

O labor do CITOP e o impacto dos fondos europeos

A xornada estivo estruturada en dous bloques. Por un lado, levouse a cabo unha divulgación do labor esencial da enxeñaría civil e o que supón o CITOP como estrutura dos profesionais, velando en todo momento do coñecemento da profesión e a defensa do conxunto dos seus colexiados. Contémplase neste eido unha aproximación ao papel da enxeñaría civil no cumprimento dos ODS, Axenda 2030 e desenvolvemento de contornos verdes e fomento da sostibilidade dende o punto de vista de infraestrutura e obra pública.

Por outra banda realizouse unha presentación relacionada co papel e o impacto dos fondos europeos no desenvolvemento de política pública e no tecido empresarial. En concreto, incidiuse na gran oportunidade que supoñen os fondos especiais Next Generation EU e as convocatorias abertas para concellos, motivo polo que está a participar nestes eventos a Oficina NextGeneration que promove a Deputación.